Imprimir
set
08

FECIMO ORGANIZA POR TERCER ANO A CAMPAÑA: “BUEU TEN UN COMERCIO DE PELÍCULA”


BANNER-COMUNICACIÓN

 

 

 

 

 

 

 

Un ano máis chega a Bueu o Festival Internacional de Curtametraxes – FIC Bueu que desenvolverá a súa novena edición entre o 9 e o 16 de setembro, un dos eventos máis multitudinarios da vila e que cada vez máis conta cun lugar destacado na axenda do concello. 

Dende FECIMO apoiase o crecemento do festival e organízase unha campaña para dinamizar o comercio local nesa mesma semana, creando un ambiente de cine coa parte máis visible das empresas asociadas: os seus escaparates.

As empresas participantes colocarán vinilos decorativos en base a elementos cinematográficos e cada unha contará cun personaxe de película que porta dalgún xeito o logo do FIC Bueu: a ánfora San Martiño exposta no Museo Massó.  

Son 28 os comercios da vila os que se uniron a esta iniciativa e que lucirán nos seus escaparates personaxes como: Iron Man, Raio McQueen, Gollum, Marylin Monroe, Optimus Prime ou King Kong entre outros.

A lista de establecementos decorados é a seguinte:

  NOME COMERCIAL
1 AIO ELECTRODOMESTICOS
2 AMANDO FOTÓGRAFOS
3 BELAVISTA ÓPTICA E OPTOMETRÍA
4 CARMEN DAVILA
5 CENTRO DE FISIOTERAPIA NOVE
6 DYNAMIS DEPORTES
7 EL HILO ROJO BOUTIQUE
8 ELI BONET
9 EUGENIO BLANCO ÓPTICOS
10 FERRAXERÍA CENTRA
11 JOYERIA CASTRO
12 JUGUETERIA EL PARQUE
13 LA FIORENTINA
14 LIBRERÍA ABRENTE
15 LIBRERÍA MARPAU
16 LIBRERÍA MIRANDA
17 MAXIBEBÉ
18 MERCAPRECIO
19 MERCAROUPA MODA INFANTÍL
20 MERCERIA MERCAROUPA
21 MUEBLES DE COCINA COMEDEIRO
22 NOUTRORA INFORMATICA
23 ÓPTICA BUEU
24 OXFORD BOUTIQUE
25 PADÍN JOYEROS
26 PANADERÍA AMADOR
27 REGALÍA
28 XOANIÑA

A CAMPAÑA

Ademáis dos chamativos escaparates, os clientes poderán participar nesta semana dun sorteo de premios en cheques- compra nos establecementos “de película”.

Recibirán boletos de participación coas súas compras, que irán debidamente selados polo comercio e cuberto cos datos de contacto do concursante. Terán do venres 8 ao sábado 16 para participar.

Estes boletos deben ser depositados na furna habilitada no Centro Social do Mar de Bueu.

OS PREMIOS

Os premios a sortear consisten en: 1 premio de 100€ e 4 premios de 50€

Os cinco premios se entregarán en cheques compra para canxear nos establecementos asociados de Bueu, cun prazo dun mes para ser canxeados.

O sorteo levarase a cabo o sábado día 16 de setembro coincidindo coa Gala de entrega de premios do FIC Bueu.

A organización síntese comprometida coa imaxe da vila de Bueu nesta semana chea de cultura, gastronomía e actividades paralelas, amosando ao público a cara divertida do comercio local. 

 

CONSULTAR AS BASES DESTA CAMPAÑA

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo