Imprimir
set
25

O ÉXITO DA MODA DO COMERCIO LOCAL NA VI EDICIÓN DE AMODIÑA


IMG 3638

 

A VI Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo - AMODIÑA - encheu de espectadores  o entorno do palco da música de Moaña nun evento axil e vibrante no que a moda do noso comercio local e as actuacions dos grupos invitados fixeron que o publico gozase.  

O evento deu comezo o Sábado 23 as 21:00 h. no entorno do palco da música no paseo marítimo de Moaña tal e como estaba previsto.

Pola súa pasarela desfilaron os nosos modelos mais pequenos cos estilismos de Merca Precio, M&S casual Kids, Mercaroupa e Atipi&Co.

Despois os modelos profesionais abriron a pasarela coas gafas de Optica Studio e os estilismos de Kio, para dar paso posteriormente a unhas modelos guapísimas e moi especiais con estilismos de + Q Curvas.

Optica Bueu, La Pelu, Eli Bonet e Mercaroupa Lencería foron os encargados de facer protagonista a moda na parte central do evento, para dar paso a Ondas Moda, Pillados, Mimá Zapatos e Axeito que abraiaron ao público asistente.

Cool lencería, Urban Circus, Rincon de Po e El Hilo Rojo Boutique foron os encargados de pechar a moda na VI Pasarela coas súas tendencias e a súa moda en estado puro.

Os asistentes, ademais de moita moda puideron disfrutar coas actuacións por partida dobre de Boombox e The Cherry´s Band ademais de non perder detalle coa realización profesional en directo proxectada en dúas pantallas xigantes no entorno da pasarela.

O éxito e as boas sensacions recollidas pola organización coinciden coas novas recollidas en prensa local como o caso do Faro de Vigo: 

 http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/09/23/preparado-gran-pasarela-o-morrazo/1754943.html

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo