Imprimir

Campaña PontedePrimavera.com

CAMPAÑA DE PRIMAVERA 2011 "PontedePrimavera.com"

Cartel__pontedprim11/02/2011 A Federación Foro Galego do Comercio, a través das distintas asociacións locais, como FECIMO, pon en marcha unha nova campaña para esta Primavera, unha promoción de carácter provincial que leva por nome:

PontedePrimavera.com
Esta Primavera, a confianza dos consumidores ten premio.

Aproveitando o uso das novas tecnoloxías e as páxinas web, lánzase unha nova forma de participación dos consumidores. sta campaña pretende transmitir ós clientes un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados adheridos, ofrecendo a posibilidade de acadar fantásticos agasallos.

Esta iniciativa terá lugar entre o vindeiro 11 de marzo e o 3 de abril, ambos incluídos.

En qué consiste?

codigo_ponteprim1A Campaña PontedePrimavera está destinada ás compras de calquer sector. O sistema de funcionamento será o seguinte: cada vez que alguén merque nun establecemento asociado adherido á campaña entre os días 11 de marzo e 3 de abril (ambos incluidos), recibirá unha tarxeta cun código alfanumérico (exemplo: X3W68J4) coa que poderá optar a diferentes premios directos.

Coa compra entregarase un máximo de tres códigos, ó criterio do establecemento segundo a súa actividade. Prégase repartir os códigos de forma axeitada e responsable, de maneira que rindan para todos os días da promoción.

Como participa o cliente?

O cliente entrará na páxina web: www.pontedeprimavera.com e rexistrará o código para saber se resulta premiado. Ademais a páxina solicitará ao cliente os seus datos de contacto: nome, apelidos, teléfono, etc. Deberán ser cubertos correctamente.

Pode validar tantos códigos como queira ó día. No momento de introducilos, o sistema informará ao cliente se o seu código resultou premiado cun premio directo. É moi importante gardar o código de participación como comprobante do premio.

Premios directos

No momento en que o código é rexistrado, o sistema informará se resultou premiado ou non.

Posteriormente recibirá un correo electrónico á dirección indicada nos seus datos de contacto, confirmando dito resultado.

Os gañadores serán publicados na mesma páxina web, así como as bases da campaña para consultar as súas dúbidas.

Os premios que se entregarán nesta campaña de carácter provincial a través das asociacións locais son:

  • 280 MEMORIAS USB DE 2 GB
  • 280 PORTADOCUMENTOS
  • 210 MOCHILAS
  • 210 SETS DE MALETAS DEPORTIVAS
  • 140 CARROS DA COMPRA
  • 215 BANDOLEIRAS
  • 140 MALETAS TROLLEY
  • 210 SETS DE PRAIA: SOMBRILLA + TOALLA + BOLSA PRAIA
  • 280 BOLSAS NEVERA
  • 196 REPRODUTORES MP3
  • 5 FUNDAS DE PORTÁTIL
  • 300 GORRAS
  • 313 VALES COMPRA
  • 1 PREMIO PLAN B! GOURMET

...e moitos regalos máis!

Presentación da Campaña en Pontevedra

A Campaña "PontedePrimavera" das empresas do Morrazo leva xa repartidos 124 premios

Listado de Gañadores da Campaña

Galería Fotográfica

 

Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (BASES CAMPAÑA DE PRIMAVERA.pdf)Bases da Campaña995
Descargar este adjunto (CIRCULAR 3 MARZO 211.PDF)Circular Marzo 20111089