• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

30

Nov

2017

INICIO DA CAMPAÑA DE NADAL 2017

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

O MARTES 5 DE DECEMBRO COMEZA A CAMPAÑA DE NADAL 2017 NO MORRAZO CON MAIS PREMIOS QUE NUNCA

A campaña estará activa ata o 9 de xaneiro e entregará máis de 7.000€ repartidos en 72 premios.
Volve tamén a exitosa xincana infantil ás rúas comerciais de Bueu, Cangas e Moaña, con animación final e premios para os cativos.
“O Nadal é mais grande no pequeno comercio”, con este slogan FECIMO vai encher comercios e rúas con unha mensaxe claramente dirixida a reforzar a compra nos pequenos comercios do morrazo. Nestas datas é especialmente importante que o público lembre quenes son os que enchen de luz, servicios e vida as rúas das súas vilas.

Un ano máis, o comercio do Morrazo asociado a FECIMO está preparado para recibir o Nadal coa súa tradicional campaña que reparte cuantiosos premios entre aqueles que confían no comercio de proximidade nestas datas festivas. A organización corre a cargo de FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia – a través da Direción Xeral de Comercio – a Deputación de Pontevedra e ABANCA.

Esta campaña conta coa participación de arredor de 200 empresas, integradas nas asociacións locais de BUEU, CANGAS e MOAÑA, de diversos sectores e actividades (na súa maioría comercio, pero tamén hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.). Lucirán as súas mellores galas con material decorativo conxunto basado nunha imaxe chea das cores da navidades.

Durante esta semana os comercios recibiron o material para decorar os seus establecementos, así como elementos para a paquetería e bolsas

especialmente deseñadas para o Nadal que reforzan a imaxe conxunta e o valor do tecido empresarial da contorna.

FUNCIONAMENTO

A pesar de ser a campaña máis tradicional da federación, conta cun sistema de participación modernizado, que se mellora ano a ano para que sexa sinxelo para os clientes, que garante que todos os premios toquen, que se contacte de xeito doado cos/as premiados/as, e que se saiba no momento o establecemento que deu o premio.

A participación será entón, coma nos últimos anos, a través duns códigos alfanuméricos que se deben rexistrar na páxina web: www.compranomorrazo.com, para saber no instante se hai premio ou non.

FECIMO pon en circulación mais de 120.000 boletos con códigos nas tendas do Morrazo, que se poderán conseguir coas compras realizadas a partir do martes día 5 de decembro de 2017, día no que se abrirá tamén a web coa imaxe da campaña. Estará vixente ata o día 7 de xaneiro de 2018.

Coma sempre, pode accederse ao sistema dende o ordenador, así como a través do móbil ou tableta. Para quen non este familiarizado con este sistema, prestarase a axuda necesaria dende as oficinas da federación.

PREMIOS

Repartiranse máis de 7.000 euros en premios. Os premios materialízanse en cheques-compra para utilizar exclusivamente nas empresas participantes e no prazo dun mes dende a finalización da campaña.

O obxectivo é que este ano sexan premiados un gran número de veciños e veciñas por iso os premios directos serán así de repartidos:

6 PREMIOS DE 300 €

9 PREMIOS DE 200 €

12 PREMIOS DE 100 €

45 PREMIOS DE 50 €

As novidades a este respecto e que a contía total a sortear aumenta este ano en mais de 1000 euros e que os grandes premios que se entregaban no sorteo final agora pasan a converterse en moitos mais premios directos de 300, 200 e 100 euros para que o numero de gañadores aumente en todas as vilas. Os agraciados deberán identificarse nas oficinas de FECIMO presentando o boleto premiado.

Histórico