20
Dec
2017
OS PREMIOS DA CAMPAÑA “DEFENSA DA VILA” DE CANGAS FORON ENTREGADOS
OS PREMIOS VEÑEN DE SER ENTREGADOS NO COMERCIO LOCAL DE CANGAS
Trala boa acollida dos actos da “Defensa da Vila” enmarcados no 400 aniversario, Fecimo fixo entrega a os clientes do comercio local dos premios enmarcados na campaña “O Desembarco Turco en Cangas: Mapas da Resistencia”.
Unha sinxela proposta para o comercio, sen ningún tipo de custo, e que permitiu facer un roteiro de locales que pasaban por ser parte dunha “resistencia” contra os piratas onde mercar podería ter premio para os clientes. Coma sempre, estes premios foron moi repartidos entre as máis de 30 tendas participantes.
Asi a FERRETERÍA LUÍS HERNÁNDEZ ÁLVAREZ S.L., M&S CASUAL KIDS, URBAN CIRCUS, ZAP ZAPATERÍA entregaron premios de 50 euros en cheques compra e a MERCERÍA RAMONA destacou por facer a entrega do premio de 100 euros.