23
Feb
2018
AMODIÑA ADIANTA A SÚA DATA DE CELEBRACIÓN AO MES DE ABRIL
A Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo “AMODIÑA” adianta a súa celebración ao 21 de Abril na súa sétima edición.
O evento que nas súas anteriores edicións viñan de celebrarse na segunda quincena de setembro, adianta este ano a súa celebración na procura dunha mellor adaptación de cara aos establecementos participantes na mesma.
Aínda que xa era tradicional situar o evento no final do verán presentando as coleccións de tempada de inverno este ano vaise celebrar en primavera polo que promete ser mais vivo e colorido que nunca coa presentación da moda de primavera e verán.
A Federación ven de tomar esta decisión, trala enquisa de valoración que foi realizada entre os diferentes participantes de edicións anteriores, e nos que a maioría valoraban como positiva a posibilidade de cambiar as datas da pasarela.
Aínda que non se fixo presentación oficial, a organización, contempla a realización do evento dunha forma similar as edicións pasadas e, como xa é habitual, no contorno do palco da música na vila de Moaña.