21
Mar
2018
COMEZA A CAMPAÑA DE PRIMAVERA
Dende o día 21 de Marzo ata o día 4 de Abril o comercio local repartirá boletos para o sorteo de 600€ en premios.
Esta campaña comeza co inicio da estación do ano que lle aporta o seu nome para premiar mediante sorteo as compras realizadas durante os dias de vixencia. O comercio xa recibiu o material promocional e repartironse preto de 12.000 boletos entre todos os establecementos participantes.
A campaña destaca pola boa acollida por parte do comercio e polo seu formato de participación de cara o cliente.
Os gañadores dos 9 premios: 3 premios de 100€ (un por localidade) e 6 de 50€, serán escollidos o rematar o prazo da mesma entre os clientes participantes e daranse a coñecer na nosa web e nas nosas redes sociais.