• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

05

Abr

2018

SINALÉTICA AUTISMO 2018 NO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

FECIMO, no seu apoio, sumouse a un proxecto vinculado a favorecer a accesibilidade e a igualdade con aqueles que padecen O AUTISMO, deste xeito, presentouse unha serie de pictogramas para facilitar a identificación dos establecementos comerciais e nos que FECIMO participa activamente da súa impresión e distribución entre as súas empresas asociadas.

Martes día 3 abril 2018 as 17.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Cangas tivo lugar a Presentación oficial do traballo  ‘ Sinalética Morrazo ’, a cargo de María González e Cristina García, profesoras do Colexio Sagrada Familia.

Esta presentación ven enmarcada e forma parte da semana de actos na que coincide o día 2 de Abril: o Día Mundial da Concienciación do Autismo.

Así, a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, súmase a Autismo Morrazo, aos Centros Educativos da Comarca e aos Concellos de Bueu, Cangas e Moaña para facer unha importante labor colaborativa.

Histórico