05
Abr
2018
PRESENTACIÓN AMODIÑA VII EDICIÓN
A presentación da sétima edición da Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo – AMODIÑA – tivo lugar no Concello de Moaña
O día 5 de Abril as 13.00 horas tivo lugar a presentación da nova edición da pasarela AMODIÑA. Neste acto presentouse a nova imaxe da pasarela que como nas pasadas edición foi realizada pola empresa de audiovisual e publicidade GFSTUDIO, tamén foron desvelados a presentadora de esta edición, a actriz María Salgueiro e os grupos encargados de amenizar a pasarela coas súas actuacións: BoomBox e The Marveltons.
Nesta nova edición a organización conta coa participación de 30 establecementos, cifra que novamente establece un novo record de participación e salienta o éxito deste evento.
Cartel da sétima edición de AMODIÑA
Spot da sétima edición de AMODIÑA