20
Abr
2018
FECIMO COLABORA CON ADICAM NA VENDA DE MERCHANDISING SOLIDARIO DE AMODIÑA
A pasarela de moda do Morrazo – AMODIÑA 2018 chega cargada de novidades, ademáis dun cambio de tempada, esta vai ser a primeira edición da Pasarela de Moda que teña un fin solidario.
Dende a comisión organizadora valorouse positivamente compartir o éxito de público da pasarela e tentar retornar á sociedade á confianza e apoio amosado estes anos ao evento. Por isto, este ano decidiuse elaborar un merchandising solidario cuxa recadación irá integramente á Asociación de Mulleres Diagnosticadas con cancro de mama – ADICAM.
Nas inmediacións da pasarela de moda, situada na contorna do palco da música de Moaña, situarase dende o sábado a primeira hora tarde, un punto de información e venda onde poder colaborar coa causa. Ademáis do merchandising propio do evento, estarán presentes representantes de ADICAM que terán merchandising da asociación para tódalas aquelas persoas que desexen contribuir a unha causa que ano tras ano afecta a milleiros de mulleres en toda a comunidade.
Dende a organización agárdase que o público de AMODIÑA resposte positivamente e se poidan recadar fondos que axuden á asociación a continuar coa sua importante actividade na comarca.