• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

30

Abr

2018

ABRESE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NA CAMPAÑA “MERCA EN GALEGO”

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

“Merca en Galego” é a campaña de promoción e fidelización do comercio local que FECIMO pon en marcha no contexto da celebración do día das letras galegas do 2018.

Con esta campaña, dende a Federación queremos por en valor a especial vinculación entre as vendas no pequeno comercio e o valor do idioma da nosa comunidade, con tal motivo, fixeronse dous deseños, un coa imaxe dos antigos billetes de 500 pesetas de Rosalía de Castro e por outra banda o deseño de “corners” e adhesivos para escaparates.

EN QUÉ CONSISTE A CAMPAÑA ?

Esta campaña de promoción e fidelización combinará a decoración dos escarapates do comercio co sorteo de 500€ en premios entre os clientes dos establecementos particpantes polas compras realizadas:  10 premios de 50 € en CHEQUES COMPRA

O funcionamento é moi sinxelo, por cada 10€ de compra ou servizo obterán un boleto de participación durante a vixencia da campaña, do 14 ao 27 de maio de 2018, e con este, entrarán no sorteo final de premios a celebrar o día 1 de Xuño.

 

Histórico