27
Abr
2018
A SÉTIMA EDICIÓN DE AMODIÑA FOI UN ÉXITO
Tralos días de posprodución que a Federación levou a cabo, podemos concluír no éxito da VII Edición da Pasarela de moda do Comercio do Morrazo.
O 21 de Abril tivo lugar a celebración da sétima edición de AMODIÑA no marco do contorno do palco da música da vila de Moaña. Nesta nova edición foron moitas as empresas que se sumaron a exhibir as súas coleccións e as súas creación na pasarela sumando este ano un total de 30 empresas.
Nesta ocasión participaron máis de 60 modelos entre cativos, non profesionais e os profesionais da axencia new models galicia, 15 persoas de organización, 10 técnicos audiovisuais e varias empresas na construción de estruturas e sistemas audiovisuais.
Tralo reto emprendido por FECIMO ao tomar a decisión de facer a pasarela ao aire libre tralos últimos meses de choivas e pese a que o desfile non estivo exento totalmente da chuvia, a Federación, o público, a maioría dos expositores e a prensa conclúen en que esta nova edición foi unha das mellores e con este animo comezamos xa a preparar a VIII Edición que chegará en 2019.
A Federación igualmente quere expresar o seu total agradecemento a todos os establecementos, técnicos, profesionais, participantes e asistentes a pasarela xa que sen todos eles a pasarela non sería posible.