05
Dec
2018
COMEZA A CAMPAÑA DE NADAL 2018 NO MORRAZO CON MÁIS DE 7.000 EUROS EN PREMIOS
A campaña estará activa ata o 6 de xaneiro e entregará máis de 7.000€ repartidos en 72 premios.
Esta campaña conta coa participación de perto de 200 empresas, integradas nas asociacións locais de BUEU, CANGAS e MOAÑA, de diversos sectores e actividades (na súa maioría comercio, pero tamén hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.), e lucirán as súas mellores galas cun material decorativo conxunto que presenta unha imaxe moderna que inclúe as cores máis tradicionais do nadal.
“Onde hai Comercio Local hai Maxia no Nadal”, con este slogan FECIMO vai encher comercios e rúas cunha mensaxe claramente dirixido a reforzar a idea de que nestas datas nas rúas e nos comercios é onde reside a verdadeira maxia do Nadal. Nestas datas é especialmente importante que o público lembre quenes son os que enchen de luz, de “Maxia” e de vida as rúas das súas vilas.
Durante esta semana os comercios recibiron o material para decorar os seus establecementos, así como elementos para a paquetería e bolsas especialmente deseñadas para o Nadal que reforzan a imaxe conxunta e o valor do tecido empresarial da contorna.
FUNCIONAMENTO
A campaña máis tradicional da federación, conta co sistema máis moderno de participación. Un sistema sinxelo para os clientes, que garante que todos os premios se reparten entre as persoas participantes na campaña, e que se contacte de xeito doado cos/as premiados/as, sabendo no momento o establecemento que deu o premio.
A participación, coma nos últimos anos, realizarase a través duns códigos alfanuméricos que se deben rexistrar na páxina web: www.compranomorrazo.com, para saber no instante se hai premio ou non.
FECIMO pon en circulación mais de 120.000 boletos con códigos nas tendas do Morrazo, que se poderán conseguir coas compras realizadas a partir do mércores día 5 de decembro de 2018, día no que se abrirá tamén a web coa imaxe da campaña e que estará vixente ata o día 7 de xaneiro de 2019 ás 12.00 horas.
Coma sempre, pode accederse ao sistema dende o ordenador, así como a través do móbil ou tableta. Para quen non este familiarizado con este sistema, prestarase a axuda necesaria dende as oficinas da federación.
Repartiranse máis de 7.000 euros en premios. Os premios materialízanse en cheques-compra para utilizar exclusivamente nas empresas participantes e no prazo dun mes dende a finalización da campaña.
O obxectivo é que este ano sexan premiados un gran número de veciños e veciñas por iso os premios directos serán así de repartidos:
6 PREMIOS DE 300 €
9 PREMIOS DE 200 €
12 PREMIOS DE 100 €
45 PREMIOS DE 50 €
A Federación continúa con este reparto de premios tralo éxito acadado na pasada edición onde foi moi ben recibido o aumento do número de gañadores en tódalas vilas. A maiores, e como novidade, este ano os establecementos participantes na campaña poderán sumar premios propios á campaña, polo que o listado de premios crecerá nas vindeiras datas.
Os agraciados deberán identificarse nas oficinas de FECIMO presentando o boleto premiado.