• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

14

Dec

2018

COMEZA A GYMKHANA INFANTIL DE NADAL

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Arranca a xincana infantil “Exploradores do Morrazo: Descubrindo os nosos animais” organizada a través de FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo coa colaboración de mais de 100 establecementos asociados e onde os cativos terán que resolver certas probas relacionadas co seu entorno e o idioma galego.

A federación propón por sétimo ano consecutivo esta iniciativa coa que os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos divirtense durante o Nadal, convidándoos a utilizar o galego de xeito diario e normalizado.

Desta vez atoparanse con probas relacionadas cos animais e o vocabulario relacionado con estes (nomes, hábitos, alimentación, lugares onde viven, etc.) A organización pretende así familiarizalos dunha forma lúdica e participativa coa fauna e a natureza que maiormente reflexa a nosa contorna.

É unha actividade cunha gran repercusión que move a nenos e familias tanto nos días que dura a xincana como nas actividades de animación que se realizan ao finalizar.

Por suposto, ademáis conséguese dar visibilidade aos establecementos asociados, pois os cativos deben percorrer as rúas de Bueu, Cangas e Moaña resolvendo as preguntas que se lles propoñen. As familias teñen oportunidade de interactuar co tecido empresarial da zona e coñecer a diversidade do comercio local.

Existe unha xincana diferente para cada vila: en Bueu participan 30 empresas, en Cangas 43 e en Moaña 33.

A actividade dura 14 días, do 14 ao 27 de decembro.

Os nenos e nenas contan cun mapa e cartilla no que aparecen os establecementos participantes. FECIMO agradece a colaboración dos  centros de ensino da comarca para a entrega deste material aos seus alumnos, apostando por esta actividade cutural. Tamén estarán dispoñibles para recoller nas tendas.

A mecánica do xogo é sinxela: en cada tenda que teñen marcada no mapa hai unha proba diferente que deben resolver. Se acertan, recibirán un selo na casilla correspondente. Así, ata que consigan resolver tantas probas como lle son requeridas nas instrucións.

Unha vez conseguido resolver as probas, cubrirán o folleto cos seus datos persoais e o depositarán en calquera das tendas participantes, ou ben o día do sorteo de premios na furna habilitada pola organización.

Unha vez finalizado o prazo para facer as probas, realizarase un sorteo en cada vila cos mapas recibidos, no marco dunha gran festa con actividades de animación para todos.

Os premios a entregar serán:

 1º Premio: unha Tablet

2º Premio: Unha gran cesta de Nadal infantil

E outros premios sorpresa para os participantes que asistan á festa de animación.

As datas e localizacións dos sorteos serán:

– Mércores 2 de xaneiro en Moaña a partir das 17:00h no Palco da Música

– Xoves 3 de xaneiro en Bueu a partir das 17:00h, na Praza do Concello

– Venres 4 de xaneiro en Cangas a partir das 17:00h na Alameda Vella

No caso de mal tempo informarase do cambio de ubicación na páxina de facebook: “Vive O Morrazo”.

Histórico