• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

12

Mai

2026

CELEBRACIÓN DAS ASEMBLEAS LOCAIS 2019

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

As asociacións locais ACIBU, ACIMO e ACICA convocaron e celebrou as asembleas locais en Bueu, Moaña e Cangas respectivamente entre finais de xaneiro e os primeiras datas do mes de febreiro de 2019.

Cada unha das asociacións fixo extensible a invitación aos seus asociados para participar nestas reunións nas que foron expostos o Plan de Dinamización Comercial 2019, os Convenios e Vantaxes negociadas dos que actualmente dispón a Federación, así como os resultados das enquisas de formación realizadas entre os asociados que serven de base para o novo calendario formativo que a Federación está a configurar para este novo ano.

Nestas asembleas, a petición dos asociados, tamén foron escoitados e tratados de forma aberta os diversos plantexamentos e suxestións ante campañas como o “Black Friday” ou “Campaña de Sensibilización”.

As asembleas locais, convocadas por ACIBU, ACIMO e ACICA, tiveron lugar os días 31 de xaneiro no Concello de Bueu e os días 4 e 7 de febreiro no Concello de Moaña e no Local de Fecimo en Cangas as 20.30h.  respectivamente.

Momentos das Asembleas de Moaña (ACIMO) e Cangas (ACICA) /

Histórico
¿Qué son as Cookies?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo, xestionar o acceso de usuarios a zonas restrinxidas da web, etc.