• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

12

Xuñ

2019

“MERCA VERÁN” A CAMPAÑA DO INICIO DO VERÁN

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Do día 12 ao 30 de Xuño Fecimo pon en marcha unha nova campaña que repartirá 600 euros en premios entre os clientes do Comercio Local da Comarca.

Máis de 110 establecementos de Bueu, Cangas e Moaña  sumáronse a “MERCA VERÁN” unha nova campaña que premia a fidelidade dos clientes do comercio local e que entre as datas citadas percibirán un boleto cun código co que poderán participar cando o introduzan na web www.compranomorrazo.com no mesmo intre saberán si o boleto ten algún dos premios de 100 € ou 50 € que Fecimo vai repartir.

Como ven sendo habitual a Campaña foi entregada en días previos nos establecementos onde o persoal da Federación fixo o reparto coa entrega de Cartelería, Vinilos decorativos e os boletos de participación, ademais de novos expositores de metacrilato cos que a Federación trata de reducir o consumo de papel xa que serán o soporte para información aos clientes nos establecementos e que axudarán a reducir as tiradas de folletos que se facían anteriormente.

Para máis información, rexistro de boletos ou consulta de bases de participación pódese visitar a seguinte ligazón: https://www.compranomorrazo.com/sorteos/bases

Histórico