• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

23

Mar

2020

RECOMENDACIÓNS EN MATERIA DE ALUGUERES PARA LOCAIS COMERCIAIS

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Dende a Federación de comerciantes e industriais do Morrazo – Fecimo, recomendamos a tódalas empresas que se viron afectadas pola declaración do estado de alarma no Real Decreto 463/2020, que procuren negociar coas persoas arrendadoras dos locais comerciais, o non pagamento da renda de aluguer durante o tempo que dure a declaración do estado de alarma, ou alo menos, o aprazamento do pago do mesmo.

Dende o servizo xurídico da Federación aportan esta información que pode ser de interese á hora de negociardes unha solución cos vosos arrendadores:

Contratos de aluguer para uso distinto a vivenda.

Neste caso atopámonos ante dous supostos:

  • Que a actividade NON sexa unha das que foi suspendida polo Real Decreto 463/2020.

Neste caso tampouco existirá ningunha exoneración de pago da renda mensual, pois ao gozar do local, oficina ou nave industrial depende única e exclusivamente da vontade do explotador (na súa calidade de arrendatario). Mesmo no caso de que este arrendatario sexa contaxiado de Covid-19, haberá de estarse aos supostos contemplados na lexislación laboral e sanitaria referentes ás consecuencias de baixa por continxencias comúns ou laborais; pero esta é xa unha cuestión que excede da relación xurídica – privada dun contrato de arrendamento, e que por tanto non modifica a exigibilidad das obrigacións do que nacen.

 

  • Que a actividade SI sexa unha das que foi suspendida polo Real Decreto 463/2020.

Neste caso, por aplicación do artigo 1105 de Código Civil, atopámonos ante un suposto de exoneración de rendas por forza maior –nunca por caso fortuíto-; polo que, en aplicación da doutrina rebus sic stantibus, o arrendatario quedará exonerado do pago da renda desde a data de entrada en vigor do Real Decreto 463/2020 (Sentenzas do TS do 31 de maio de 2006, recaída en Recurso 2968/1999; número 167/2013 do 21 de marzo, recaída en Recurso 046/2010; e número 333/2014, do 30 de xuño, recaída en Recurso 2250/2012).

É dicir, que referente ao corrente mes de marzo, existe obrigación de pagar a renda a prorrata polo período comprendido entre o día 1 e día 14 de marzo, previa emisión polo arrendador de factura en legal forma comprensiva da base exacta, máis o I.V.E. aplicable e, no seu caso, menos a retención á conta do IRPF.

Esta exención, manterase mentres manteña a declaración de estado de Alarma. Iso si, o arrendatario deberá notificar fidedignamente ao propietario esta circunstancia.

 

DEIXÁMOSVOS AQUI UN DOCUMENTO DE SUSPENSIÓN DO CONTRATO DE ARRENDAMENTO

 

¿E qué sucede cos propietarios?

A anterior exoneración de rendas por causa de forza maior tampouco pode constituír un dano para o propietario, que se ve constrinxido a sufrir un dano patrimonial sen que caiba achacar responsabilidade a ninguén.

Neste caso, o arrendador poderá resarcirse do dano sufrido pola vía da reclamación patrimonial á Administración (artigo 3.2 da Lei Orgánica 4/1981, do 1 de Xuño, dos estados de alarma).

Histórico