31
Xul
2020
“Que non che rouben a Primavera do Comercio Local”
“Que non che rouben a primavera do Comercio Local” foi a campaña de primavera 2020 que lanzou Fecimo no inicio do mes de xullo coa nova normalidade algo máis asentada trala situación de crise ocasionada polo Covid-19.
Retomouse a campaña de Primavera que se vira paralizada a causa da pandemia e do estado de alarma establecido a mediados de marzo, co obxectivo de apoiar ao comercio local do Morrazo reclamando a tempada que non se puidera desfrutar este ano por mor do confinamento e premiando a fidelidade dos clientes que fan as súas compras ou contratan servizos nas empresas e negocios asociados á Federación.
A campaña, que estivo vixente dende o 1 ao 21 de xullo, inclinouse por un claim que aportaba ganas de sentir a primavera por parte dos clientes que estiveron confinados durante o estado de alarma.
Participaron máis de 100 empresas puidendo combinar perfectamente a campaña coa época de rebaixas, de forma que o stock do material de primavera xerado fose máis doado de vender.
O sistema de participación, como en anteriores campañas, foi mediante sorteo dixital a través da web www.comerciodomorrazo.com e se repartiron 800€ en cheques compra, para gastar no comercio local asociado, divididos en 4 premios de 75€ e 10 de 50€ entre os clientes que realizaron as súas compras/servizos durante o período da campaña e validaron na mesma web os códigos recibidos polo establecemento.
Os gañadores e gañadoras dos 14 premios da Campaña de Primavera 2020 pódense ver premendo na seguinte ligazón do álbum completo no perfil de Facebook do Comercio do Morrazo.