• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

22

Set

2020

“Un Comercio de Película”

Por, Fecimo CAMPAÑAS Comments: no comments

Por sexto ano consecutivo, Fecimo puxo en marcha a campaña “UN COMERCIO DE PELÍCULA” en paralelo á 13ª Edición do FIC BUEU 2020 (Festival Internacional de Curtametraxes), un dos eventos máis multitudinarios da vila no que cada vez conta cun lugar máis destacado na axenda do concello.

Desta forma, dende a Federación de comerciantes e industriais do Morrazo, apóiase este festival á vez que dinamiza o comercio local da zona, realizando accións e iniciativas como a campaña “Un comercio de película” que leva desenvolvéndose durante cinco anos consecutivos, sendo este o sexto.  

Esta campaña, cunha duración de algo máis de dúas semanas, comezou o venres 4 de setembro e rematou o domingo 20 de setembro inclusive. O obxectivo da campaña foi dinamizar e potenciar o comercio local das tres vilas da comarca do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña) e dar maior visibilidade tanto aos distintos negocios que enriquecen ás nosas rúas como ao valioso e recoñecido festival anual e internacional que se realiza en Bueu. 

Máis de 90 establecementos de Bueu, Moaña e Cangas participaron na campaña “Un comercio de película” adornando os seus locais cos carteis correspondentes e con vinilos antideslizantes pegados ao chan das súas entradas baixo o deseño das características estrelas do cine de Hollywood, na procura de que o Morrazo vinculase a festa do Cine ás compras no comercio local.

A iniciativa a destacar nesta edición é a colocación doutros vinilos antideslizantes de estrelas cos nomes dos negocios participantes de Bueu ao longo da rúa Eduardo Vicenti na vila bueuense onde se celebra o festival, facendo un guiño ao recoñecido “Paseo da Fama” das estrelas de cine de Hollywood, pero neste caso das estrelas do comercio, “un comercio de película”. 

En canto á parte promocional da campaña, nesta edición aumentouse a contía dos premios, na que se sortearon 1000€ en cheques compra para gastar no comercio local asociado e adherido á campaña, repartidos en 4 premios de 100€ (un por localidade e outro libre) e 12 premios de 50€.

O sistema de participación do sorteo foi o mesmo que o de anteriores campañas, mediante a introdución dun código alfanumérico na páxina web www.comerciodomorrazo.com. Os clientes reciben boletos de participación coas súas compras, que logo deben rexistrar na páxina para saber no mesmo intre se resultan gañadores, de ser así deben poñerse en contacto con FECIMO para recibir o seu premio no establecemento. Estes cheques, unha vez entregados, contan cun prazo dun mes tralo día do remate da campaña para ser canxeados polos gañadores nos locais adheridos á campaña. 

Amosamos algúns dos gañadores e gañadoras da campaña "Un Comercio de Película" no que entraron en xogo 1000€ para...

Publicada por Comercio do Morrazo en Lunes, 21 de septiembre de 2020

Histórico