15
Xan
2021
Fecimo presenta a APP móbil “Comercio do Morrazo”
O usuario poderá localizar os establecementos de calquera vila do Morrazo (Moaña, Cangas, Bueu e ata Marín) directamente nun mapa interactivo e mesmo buscar negocios a través de interesantes filtros como localidade, sector, reparto a domicilio, tarxeta de fidelización ou que participen en sorteos ou campañas.
Tamén poderá rexistrar os códigos dos sorteos das campañas organizadas por Fecimo para o Comercio do Morrazo que se realicen ao longo do ano, como a gran Campaña de Nadal, e poder saber ao momento se resultou gañador ou quedar rexistrada a súa participación para os sorteos finais de campaña.
E como gran fortaleza da aplicación móbil, o cliente terá a opción de rexistrar e obter a TARXETA de FIDELIZACIÓN virtual para poder empregar con cada compra ou consumición que realice naqueles locais participantes asociados, e mesmo poderá acceder á súa conta persoal do CLUB de clientes do Comercio do Morrazo para comprobar o seu saldo e os seus movementos coa tarxeta.
Ademais, tamén ofrece as últimas novas de actualidade sobre o Comercio do Morrazo, pero ao longo destes meses, a app irá desenvolvendo máis opcións interesantes para a clientela que se irán comunicando de forma paralela ao seu lanzamento.