05
Mar
2021
EN FEBREIRO QUERER Ó COMERCIO LOCAL DO MORRAZO TEN PREMIO
Dende Fecimo púxose en marcha, co comezo de febreiro, a primeira campaña do ano 2021, un ano que, debido á situación provocada pola pandemia, e trala BOA ACOLLIDA por parte dos establecementos e dos clientes do sistema da TARXETA DE FIDELIZACIÓN do COMERCIO DO MORRAZO, quixemos aproveitar para desenvolver un sistema de participación que minimizase o contacto e simplificase a participación dos clientes nesta CAMPAÑA.
En que consistiu a campaña?
Cando un cliente empregaba a súa TARXETA DE FIDELIZACIÓN do Comercio do Morrazo (previamente rexistrada e obtida a través da web e da app do Comercio do Morrazo ou ben recibida de forma física por parte dos locais participantes) para obter unha porcentaxe de bonificación nas súas COMPRAS ou CONSUMICIÓNS en calquera dos COMERCIOS ou LOCAIS que tivesen activa dita tarxeta, durante as datas da campaña, entrarían no SORTEO FINAL, onde se repartiron 900€ en premios.
Estes premios foron sorteados entre todos os movementos dos clientes que fixeron compras utilizando a tarxeta nos negocios participantes durante o mes de febreiro, e foron entregados en forma de TARXETAS REGALO para gastar no COMERCIO LOCAL adherido á iniciativa da TARXETA.
900 EUROS FORON SORTEADOS ENTRE AS COMPRAS REALIZADAS NO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO REXISTRADAS NAS TARXETAS DE FIDELIZACIÓN
18 PREMIOS DE 50 EUROS, REPARTIDOS EN 30O EUROS PARA CADA LOCALIDADE
Quen foron os premiados ?
Tras realizar o SORTEO da campaña, unha vez deu por concluída, saíron os seguintes premiados e premiadas (ver o sorteo completo no perfil de Comercio do Morrazo en Facebook): 6 por localidade (18 en total con Cangas, Moaña e Bueu), co seu respectivo local onde o movemento coa taxeta foi o escollido no sorteo.
REXÍSTRATE e OBTÉN A TÚA TARXETA DE FIDELIZACIÓN
Ademais de poder ter a oportunidade de participar neste tipo de campañas, empregar a tarxeta tamén implica comezar a acumular saldo coas túas compras no comercio local!
Fai clic nos enlaces para REXISTRARTE, DESCARGAR A APP ou obter máis información sobre os ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES.