01
Abr
2021
Continúa a campaña de “ENVÍOS GRATIS” en ABRIL no COMERCIO LOCAL do MORRAZO
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments
Dende a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo amplíase a CAMPAÑA de promoción do sistema de LOXÍSTICA DE ENVÍOS GRATIS do Comercio do Morrazo para seguir estimulando o consumo en local durante o mes de ABRIL.
Fecimo continúa coa campaña de envíos gratis do Comercio local do Morrazo que xa se puxera en marcha a principios de marzo, pero agora para todo o mes de ABRIL e baixo o eslogan “EN ABRIL ENVÍOS MIL”.
A campaña evolucionou moi ben durante estas semanas pasadas, logrando unha boa acollida por parte de clientes e empresas asociadas.
Gracias a este éxito e debido á realidade actual da necesidade de adaptarse aos novos tempos dixitais por mor ás continuas restricións derivadas da pandemia, dende Fecimo decidiuse seguir coa iniciativa da bonificación, por parte da Federación, dos custos de envío dos pedidos para entrega en domicilio que se fagan naqueles establecementos asociados. Desta forma, tanto negocios como clientes saen beneficiados desta iniciativa que pretende dinamizar esta nova forma de consumo tamén durante o mes de abril.
“En abril, envíos mil” é o reclamo desta campaña que anima ás persoas consumidoras a seguir confiando no comercio local e incentivando as compras e pedidos realizados no comercio de proximidade. Nas mesmas condicións que a anterior, segue sendo válida tanto para o gran Marketplace do Comercio do Morrazo que se puxo en marcha a finais do ano pasado na url (compranomorrazo.com), como para as propias canles de venda que teña o establecemento adherido, tanto online como presencias (telefónica, Instagram, Facebook, WhatsApp, e-commerce e outras).
Seguindo a filosofía da federación, con estes proxectos preténdese seguir sendo referente na dixitalización do tecido comercial e empresarial da comarca do Morrazo. En concreto, combinando o centro online do comercio local xunto cos envíos gratuítos (bonificados pola federación), tanto clientes como empresas asociadas, seguirán beneficiándose de tódalas vantaxes destas novas fórmulas de compra tan demandadas actualmente.