• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

29

Set

2021

MORRAZO UN COMERCIO DE PELÍCULA

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

“MORRAZO COMERCIO DE PELÍCULA” é a campaña deseñada por Fecimo para levarse a cabo en paralelo a unha nova edición do FIC BUEU 2021 (Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu), un dos eventos que pechan a tempada de verán, con grande participación e atractivo cara á vila e que ten as súas datas de celebración xa marcadas en moitos calendarios cinéfilos.

Por sétimo ano consecutivo, dende a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, apóiase este festival á vez que dinamizamos o comercio local, realizando accións e iniciativas que discorren en paralelo e que aproveitan sinerxías para poñer en valor ao Comercio Local do Morrazo e especialmente a vila de Bueu.

Nesta edición 2021 a nosa campaña comezou o venres 3 de setembro e rematou o luns 20 de setembro.

O obxectivo foi dinamizar e potenciar o comercio local das tres vilas da comarca do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña) e dar maior visibilidade tanto aos distintos negocios que enriquecen ás nosas rúas como ao valioso e recoñecido festival anual e internacional que se realiza en Bueu. 

En canto a parte promocional desta campaña, Fecimo, nunha colaboración máis directa con FIC Bueu, procedeu ao sorteo de ao sorteo de 1000€ en Tarxetas Regalo do Comercio do Morrazo para gastar no comercio local asociado e adherido á campaña, e que como novidade incluiu un sorteo de 2 premios de 50€ para os asistentes ao FIC bueu ademais de 3 premios de 100€ (un por localidade) e 12 premios de 50€.

O sistema de participación do sorteo foi o mesmo que o de anteriores campañas, mediante a introdución dun código alfanumérico na páxina web www.comerciodomorrazo.com. Os clientes, este ano, recibiron os boletos de participación coas súas compras e coas entradas na taquilla do FIC, que logo rexistraron na páxina. Ao finalizar a Campaña, levouse a cabo o sorteo.

Os gañadores xa foron contactados dende FECIMO para recibir o seu premio. Estas Tarxetas Regalo, unha vez entregadas, contan cun prazo dun mes tralo día do remate da campaña para ser canxeadas nos locais adheridos á campaña. 

Histórico