• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

26

Xan

2022

A MANCOMUNIDADE DO MORRAZO RECOÑECE AS LABORES DE FECIMO NUNHA HOMENAXE POLO PREMIO NACIONAL DE COMERCIO INTERIOR 2021

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A Mancomunidade de Concellos do Morrazo organizou o mércores, 26 de xaneiro, un recibimento á Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO), que tivo lugar ás 13.30 h no salón de plenos do Concello de Bueu.

Este acto organízouse como homenaxe a este colectivo que o día 9 do pasado mes de  Decembro recibía o Premio Nacional de Comercio Interior 2021 na categoría de centros comerciais abertos (CCA) nun evento que no Ministerio de Industria, Comercio y Turismo en Madrid.

Neste acto onde estiveron representadas as Alcaldías de Bueu, Cangas e Moaña por  por D. Felix Juncal, Dna. Victoria Portas e Dna. Marta Freire respectivamente e onde tamén estiveron presentes as Concellarías de Promoción Económica dos Concellos do Morrazo así como a Presidenta de Fecimo Ana Ave e a Vicepresidenta Mª Del Carmen Fervenza Portela tivo lugar un recoñecemento a importante labor que FECIMO desenvolve na Comarca e que coincide en destacar os mesmos aspectos polo que FECIMO acadou o premio nacional, destacando o impulso e apoio ao comercio local así como a súa labor de desenvolvemento, modernización, dixitalización e sustentabilidade do sector comercial.

Este premio nacional valora a traxectoria de FECIMO nos seus últimos cinco anos, maila que no acto a Mancomunidade destacou que a Federación de Comerciantes e Industriais de Morrazo (Fecimo) leva máis de 25 anos traballando na Comarca polos intereses dos Comercios, Negocios e Industrias, aportando visibilidade, creando unidade e cohesión e implementando e creando ferramentas para mellorar a competitividade das empresas, especialmente, nos ámbitos do coñecemento, xestión e dinamización e sendo unha grande axuda para os negocios do Morrazo.

Histórico