25
Mai
2022
Apertura de preinscricións da Feira de Oportunidades do Morrazo 2022
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments
Tras 16 anos de éxito da Feira de Oportunidades, damos paso á súa 17ª edición, que este ano terá lugar a fin de semana do 12, 13 e 14 de agosto na contorna dos Xardíns do Sinal, como ven sendo habitual.
Este evento é un espazo no que as empresas asociadas de Bueu, Cangas e Moaña, que desexen participar, terán a posibilidade de baleirar os seus almacéns, ofrecendo os seus STOCKS A PREZOS MOI ATRACTIVOS nunha ampla oferta de produtos onde teñen cabida multitude de sectores e actividades que serán visitadas por milleiros de persoas.
ANÍMATE A PARTICIPAR NA FEIRA
- _ Dalle saída ao teu stock- restos de tempadas anteriores e excedentes de almacén – e consegue liquidez rápidamente para continuar co teu negocio.
- _ Participa nun evento de referencia no Morrazo pola cantidade de público asistente e volumen de vendas.
- _ Aproveita a rentabilidade publicitaria dun evento que será amplamente promocionado en diferentes medios de comunicación.
DATOS DE INTERESE
CANDO? 12, 13 e 14 de agosto 2022
HORARIO_ 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 23:00 h
ONDE? Contorna dos Xardíns do Sinal de Cangas
EXPOSITORES_ Establecementos comerciais asociados de Bueu, Cangas e Moaña. Postos limitados.
SECTORES_ Moda, decoración, complementos e agasallos, deportes, infantil, mascotas, material tecnolóxico,…e todo aquel establecemento comercial que cumpla co obxecto da feira.
ORGANIZA_ FECIMO- COLABORAN Xunta de Galicia – Concello de Cangas e Abanca.
COMO SERÁ O TEU STAND?
TIPO: Jaima con lona branca.
TAMAÑO: 5 m x 5 m _ 25 metros cadrados aproximadamente.
CHAN: Tarima de madeira illante do chan (opcional) e moqueta feiral.
ESTRUCTURA: Tabiques de madeira de pallet.
INSTALACIÓN: Toma de corrente e iluminación mediante focos con cadro independente.
IDENTIFICACIÓN: Rotulación do nome comercial en lona branca instalada na parte superior da jaima.
OUTROS: PROBADORES, para aqueles expositores que o precisen.
Feira organizada por FECIMO, a través da asociación local ACICA e cofinanciada pola Xunta de Galicia.
Data límite de preinscrición: venres, 8 de xullo de 2022