• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

17

Ago

2022

FECIMO sortea 500€ entre os usuarios da Tarxeta do Clube de Clientes do Comercio do Morrazo no mes de agosto

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA E ACIMO, están levando a cabo a campaña de dinamización “EU SON DO COMERCIO LOCAL” durante o mes de agosto, dando a oportunidade aos consumidores de obter premios en tarxetas regalo polas compras realizadas durante o período de celebración da promoción.

Do 1 ao 31 de agosto o comercio local premia a fidelidade dos seu clientes. Utilizando a Tarxeta de Fidelización coas súas compras poderán participar no sorteo final de 500€ en premios. Canto máis usen a tarxeta, máis puntos acumulan e terán máis probabilidades de gañar algún dos premios. Utilizando a tarxeta do comercio local crean comunidade e contribúen á economía das nosas vilas.

O Comercio do Morrazo anima a aqueles clientes que aínda non pertencen ao Clube de Clientes do Comercio do Morrazo a solicitar a súa tarxeta en calquera das empresas adheridas a esta iniciativa para probar fortuna, ou directamente a través da páxina www.comerciodomorrazo.com.

A campaña busca fomentar o uso de dita tarxeta que tan bos resultados está deixando entre a clientela do Morrazo, lembrándolle aos clientes que canto máis a utilicen, máis se fortalece ao comercio local. Por outra banda, con cada compra realizada nestes establecementos ao longo do ano, os consumidores acadarán descontos que se ingresarán nestas tarxetas en forma de saldo que poderá ser canxeado en calquera das empresas adheridas.

Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO e cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Histórico