• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

07

Set

2022

Chega a Moaña a NOITE BRANCA de Compras do Comercio Local

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Comunicámosvos a chegada dun evento moi especial á localidade de Moaña. ACIMO – Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña, co apoio de FECIMO, organiza este ano a I Edición da Noite Branca do Comercio Local.

O evento busca converterse no pistoletazo de saída á Tempada de Outono-Inverno e coincidindo coa Volta ao Cole dos máis cativos do fogar, servir de Festa de Fin de Verán para as crianzas e persoas do comercio local.

O vindeiro Sábado 10 de setembro haberá unha gran festa urbana, na contorna do Palco da Música, no Paseo Marítimo de Moaña, na que os asistentes poderán gozar de descontos nas tendas, ver actuacións de Maxia en Vivo, música en directo, inchables para os máis pequenos do fogar, e disfrutar dunha xornada de compras no comercio local na mellor compaña. 

Para levar a cabo o evento, ademais das empresas ubicadas nos locales máis próximos ao Palco da Música, instalaranse 10 empresas da localidade en jaimas no recinto reservado para a celebración desta actividade, co fin de crear concentración comercial, que ofrecerán descontos e ofertas nos seus produtos ata as 00:00 h.

Por outra banda, ao longo desta xornada, as persoas clientas poderán obter, coas súas compras nas empresas participantes, entradas para os inchables e consumicións na Barra da zona de actuacións.

A programación prevista para o Sábado é a seguinte:

18:00 h. – APERTURA INCHABLES

18:30 h. – ACTUACIÓN MERE CLOWN “MERE-CIDAMENTE”

19:30 h. – ACTUACIÓN O MAGO MARCO.

20:30 h. – EXHIBICIÓN LOTUS AEROFITNESS.

22:00 h. – CONCERTO “THE BROKE”.

23:00 h. – DJ E FIN DE FESTA.

Estas son as empresas participantes que ofrecerán descontos e ofertas nesta NOITE BRANCA: 7 FRESAS, AXEITO, BOX WOMAN, CENTRO ÓPTICO ANTEOLLO, CINDERELA, DESPENSA E GRANEL, ENTORNO 4 INTERIORISMO, FOTOGRAFÍA LITA, JOYERÍA BOUCELAS, LENCERÍA CAROL, LIBRERÍA ALBORADA, M DE MARTA, MERCA PRECIO, MERCERÍA ACERICO E ZAPATERÍA PEGADAS.

Esta iniciativa está organizada por ACIMO, cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio, e colabora o Concello de Moaña e Abanca.

Histórico