• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

29

Set

2022

CAMPAÑA “DATE UNHA VOLTA POLO COMERCIO DO MORRAZO”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Fecimo presenta a campaña de dinamización `DATE UNHA VOLTA POLO COMERCIO DO MORRAZO` coa que os clientes terán a posibilidade de conseguir premios a través das súas compras ou servizos.

Esta campaña xogará coa idea de visitar o comercio local dando unha volta polo mesmo e asociarse ao sistema de asignación de premios que consistirá nunha ruleta comercial onde por cada tirada poderán gañar ou non, algún dos premios da campaña.

Nesta iniciativa, que terá lugar do 3 ao 22 de outubro, os clientes que desexen participar, obterán unha pegatina por cada compra ou servizo maior de 10€ en calquera dos establecementos de `Comercio do Morrazo`. Cada establecemento disporá de pegatinas cunha númeración.

Ao completar un dos cartóns, dispoñibles nestas empresas, con tres pegatinas de tres establecementos distintos, os clientes obterán un pase para realizar unha tirada na RULETA do comercio local, e poder así, se a sorte os acompaña, acceder a fantásticos premios. 

Para conseguir os premios, instalarase dita RULETA en cada localidade para que as persoas clientas se acheguen cos seus cartóns completos e facela xirar.

LOCALIZACIÓN DA RULETA

Luns, 17 outubro en Bueu – Praza do Concello (16:30h – 20:30h)
Martes, 18 outubro en Cangas – Eugenio Sequeiros – Praza Constitución (16:30h – 20:30h)
Mércores, 19 outubro en Moaña – Paseo marítimo – Entorno Praza Abastos – Parque infantil (16:30h – 20:30h)
Xoves, 20 outubro en Cangas – Eugenio Sequeiros – Praza constitución (10:00h – 14:00h).
Venres, 21 outubro en Moaña – Paseo marítimo – Entorno Praza Abastos – Parque infantil (10:00h – 14:00h).
Sábado, 22 outubro en Bueu – Praza do Concello (10:00h – 14:00h).

Esta campaña está organizada por FECIMO a través das súas asociación locais ACIBU, ACICA E ACIMO, cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e conta coa colaboración de ABANCA.

Histórico