• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

03

Feb

2023

FECIMO PREMIA AOS CLIENTES QUE AMOSEN O SEU AMOR POLAS EMPRESAS DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Xa que o mes de Febreiro está considerado o mes do AMOR, FECIMO presenta esta campaña de dinamización comercial na que premiará aos clientes que demostren o seu cariño coas súas empresas de confianza do Morrazo.

A campaña baixo o lema “ESTE COMERCIO NAMORA MAZO” terá lugar do día 7 ao 28 de febreiro, e premiará a aqueles clientes que suban  fotografías súas, nalgunha das empresas participantes, á plataforma www.comerciodomorrazo.com, amosando así que están “IN LOVE” coas empresas do Morrazo. 

Cantas máis fotografías en distintos comercios suba o cliente, máis posibilidades terá de que lle toque un dos fantásticos premios!

FUNCIONAMENTO

1. Os clientes deben sacarse fotografías nos establecementos participantes na campaña, tralas súas compras realizadas entre o día 7 e o 28 de febreiro de 2023. Nestas fotografías ten que aparecer algún elemento da campaña. Tamén poderá sair algún representante da empresa. 

2. O cliente subirá a fotografía á plataforma habilitada entrando en www.comerciodomorrazo.com onde terá que introducir os seus datos persoais para realizar o rexistro. Estes datos son precisos para contactar en caso de resultar gañador dun dos premios sorteados.

3. Tralo sorteo, contactarase coas persoas gañadoras. Os seus nomes serán publicados nas redes sociais e web de FECIMO e Comercio do Morrazo.

4. A entrega dos premios realizarase nos establecementos onde sacaran a fotografía premiada.

 

PREMIOS E SORTEO DA CAMPAÑA

Entre todas as fotografías subidas á plataforma ata o 28 de febreiro de 2023, sortearanse 600€ en PREMIOS en tarxetas regalo cargadas de 50€ para volver a gastar nas empresas asociadas do Morrazo.

Entre os clientes que á hora de subir a fotografía á plataforma den unha razón do seu cariño polo comercio local, realizarase un sorteo de 3 Premios Extra (un en cada localidade Bueu, Cangas e Moaña) de 50€ en Tarxeta Regalo para gastar en “coidado persoal ou hostelería”.

O SORTEO destes premios terá lugar o mércores 1 de marzo de 2023.

Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO e cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Histórico