03
Dec
2024
CAMPAÑA “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL”
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments
- A campaña entrará en vigor do 5 de decembro ata o 8 de xaneiro e repartirá un total de 8.000€ en premios entre os que confíen no comercio local para as súas compras. Unha vez máis realizaranse sorteos entre as cartas dirixidas a Papá Noel e aos Reis Magos.
Un ano máis o Comercio do Morrazo celebrará a campaña de dinamización comercial máis potente do ano, que repartirá coma sempre cuantiosos premios entre os veciños e veciñas que confíen no comercio de proximidade nestas datas tan especiais.
Fecimo conta coa participación nesta campaña de arredor de 200 empresas asociadas, integradas nas asociacións locais de BUEU, CANGAS e MOAÑA, de diversos sectores e actividades (moda, calzado, complementos, lencería, mercería, xoiería, óptica, ferretería, xoguetería, hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.). Pola súa participación as empresas reciben cartelería, material para decorar os seus establecementos, así como elementos para a paquetería, que reforzan a imaxe conxunta e o valor do tecido empresarial da contorna.
Baixo o slogan “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL” este ano 2024 a decoración céntrase en elementos mariñeiros para poñer en valor a cultura do mar.
FUNCIONAMENTO
A campaña comeza oficialmente o día 5 de decembro e estará vixente ata o día 8 de xaneiro, transcurso de tempo no que se repartirán os premios directos.
FECIMO pon en circulación 115.000 códigos alfanuméricos de participación que os comercios adheridos entregarán aos seus clientes polas súas compras.
Coa apertura da campaña o día 5 os clientes poderán rexistrar os seus códigos na web www.comerciodomorrazo.com e saber no momento se son gañadores dalgún dos premios directos.
PREMIOS
FECIMO repartirá nesta campaña 8.000€ en premios en formato de tarxeta regalo para gastar en calquera das empresas participantes.
Os premios serán repartidos da seguinte maneira.
Por un lado haberá 5.000€ en premios directos que serán entregados no momento do rexistro do código:
5 PREMIOS DE 200 EUROS
10 PREMIOS DE 100 EUROS
13 PREMIOS DE 75 EUROS
20 PREMIOS DE 50 EUROS
41 PREMIOS DE 25 EUROS
Por outra banda sortearanse 3 premios de 1.000€ ao remate da campaña, entre todos os códigos rexistrados dende o 5 de decembro de 2024 e o 8 de xaneiro de 2025. Este Gran Sorteo final terá lugar o xoves 9 de xaneiro.
SORTEO CARTAS DIRIXIDAS A PAPÁ NOEL E AOS REIS MAGOS
Tralo éxito acadado en anos anteriores, nesta campaña volvemos incluir un SORTEO entre as cartas de Papá Noel e outro SORTEO entre as dirixidas aos Reis Magos que os máis pequenos do fogar cubran e depositen nos buzóns habilitados.
Con tal motivo, incluiremos entre o material da campaña CARTAS DE DESEXOS que serán repartidas entre os establecementos participantes.
Os Buzóns de Nadal estarán instalados na fachada das seguintes empresas:
En Cangas:
> AQUELAR (San Xosé, 35)
> DUENDE (Méndez Núñez,1)
> INTIMA 3 (Montero Ríos, 18)
> HERBOLARIO-FRUTERÍA MANXARICO (Avda. Ourense, 3)
En Bueu:
> JOYERÍA CASTRO (Pazos Fontenla, 58)
> LIBRERIA ABRENTE (Montero Ríos, 167)
> MELENA DE LEÓN (Eduardo Vincenti, 23)
> EL RINCÓN DE ARIA (Castelao,14)
En Moaña:
> ACERICO (As Barxas, 12)
> JOYERÍA BOUCELAS (Concepción Arenal, 68)
> LA PAPELERÍA (Concepción Arenal, 270)
> OPTICALIA (Ramón Cabanillas, 3)
DATAS DOS SORTEOS E PREMIOS
Os sorteos terán lugar os días luns, 23 de decembro 2024 e venres, 3 de xaneiro de 2025, polo que pasaranse a recoller as cartas depositadas nos buzóns eses mesmos días en horario de mañá.
Por último, farase entrega dos premios en TARXETAS REGALO no establecemento onde se recolleu a carta premiada.
Os premios sorteados serán os seguintes:
– 3 PREMIOS de 50€ por localidade (Bueu, Cangas e Moaña) entre as cartas dirixidas a Papá Noel.
– 3 PREMIOS de 50€ por localidade (Bueu, Cangas e Moaña) entre as cartas dirixidas aos Reis Magos.
Campaña organizada por FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO, conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, colaboran Deputación de Pontevedra e ABANCA.