17
Out
2025
CONCURSOS DE CABAZAS E MICRORELATOS DE SAMAÍN
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

ACICA colabora co Concello de Cangas nestes dous concursos con motivo do Samaín, co obxectivo de dar visibilidade ao comercio local e promover as tradicións culturais.
En canto ao CONCURSO DE CABAZAS, as persoas que desexen participar deberán acudir o venres 31 de outubro coa súa cabaza decorada de 9 a 12 horas á conserxería do Concello xunto co documento de inscrición.
Haberá dúas categorías en base ás idades dos participantes, e trala valoración do xurado outorgaranse dous premios de 50€ (un en cada categoría) aos participantes coas dúas cabazas que conseguiran máis puntuación.
No referente ao CONCURSO DE MICRORELATOS, poderán participar as persoas mozas de entre 12 e 18 anos, e entregalas antes do 24 de outubro xunto co documento de inscrición.
A temática deberá centrarse no Samaín e estar relacionada co comercio local de Cangas, con extensión máxima de 350 palabras.
Unha vez valorados estes traballos polo xurado, outorgarase un Primer premio de 100€ e dous Accésits cun premio de 50€ cada un.
A entrega dos premios dos dous concursos realizarase o venres 31 de outubro ás 20:30 h no Palco da Música da Alameda Vella.
Os premios serán en formato tarxeta regalo para gastar no comercio da localidade.
Para máis información consultar as bases nos seguintes botóns.