01
Dec
2025
CAMPAÑA “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL”
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!
En cada historia navideña, os ELFOS son os que fan posible a maxia: traballan en equipo, crean regalos, axudan a Papá Noel e levan a ilusión a todos os rincóns.
No Nadal, as empresas son os verdadeiros elfos que traballan en conxunto para repartir alegría entre os máis pequenos, aportando o seu talento e entusiasmo en cada acción.
Nestas datas tan especiais, detrás de cada soriso hai algúen que traballa para facela posible, e ese é cada comerciante que asesora na elección dos regalos, que o envolve con sumo cariño e imaxina a cara do cativo/a no momento de abrilo.
Tede en conta que Papá Noel leva a ilusión, pero sen os elfos a maxia non sería posible. E durante o Nadal, as empresas son parte desta maxia.
FECIMO Arranca coa campaña máis agardada polo público, a CAMPAÑA DE NADAL das empresas do Morrazo, que coma sempre reparte suculentos premios entre os seus clientes.
Baixo o slogan *TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL* realizarase o sorteo de premios máis grande do ano na nosa Comarca.
As empresas do Morrazo celebran estas datas tan especiais premiando aos seus clientes con fantásticos agasallos pola súa fidelidade.
A continuación detaiase o funcionamento da promoción, os premios que se sortearán, así como o material que reciben as empresas para ambientar os establecementos nestas datas tan especiais.
FUNCIONAMENTO DA CAMPAÑA
Cada vez que un cliente realice un consumo mínimo de 10€ nun comercio ou empresa participante entre o 9 de Decembro de 2025 e o 8 de Xaneiro de 2026, optará a diferentes premios directos e ó sorteo dun gran premio final en cada unha das localidades participantes (Bueu, Cangas e Moaña)
> Con cada compra mínima de 10€ o cliente recibirá, por parte do establecemento, boletos con códigos alfanuméricos
> O cliente deberá entrar na páxina web www.comerciodomorrazo.com, pinchará no banner da campaña e introducirá o código para saber se resulta premiado con algún dos premios instantáneos que se sortean.
É moi importante gardar o código de participación, aínda que non resulte premiado cun premio instantáneo, xa que tódolos códigos rexistrados, e non premiados cun premio instantáneo, entrarán no GRAN SORTEO FINAL que se celebrará o 9 de xaneiro, entre os que se sortearán 3 premios de 1.000€.
Entre o material que recibirán as empresas dentro deste lote, será cartelería de paquetería de regalo con temática navideña, cartas de desexos dirixidas a Papá Noel e Reis Magos, e por outra banda, recibirán mandís e gorros para caracterizarse como ELFOS nestas tan esperados polos máis pequenos da casa.
PREMIOS
8.000€ en premios distribuídos do seguinte xeito:
5.000€ en premios directos, durante o funcionamento da campaña e 3 premios de 1.000€ para o Gran Sorteo Final. (Un en cada localidade: Bueu, Cangas e Moaña)
Todos os premios entregaranse en TARXETAS REGALO DO COMERCIO LOCAL para gastar exclusivamente nos establecementos participantes na campaña.
Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA, e ACIMO. Cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio. Colaboran Deputación de Pontevedra e Abanca.







