• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

25

Mar

2026

O COMERCIO DO MORRAZO COMEZA A CAMPAÑA “SINTE O WELTANSCHAUUNG DO MORRAZO”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) pon en marcha a campaña de dinamización comercial “Sinte o Weltanschauung do Morrazo”, unha iniciativa que busca impulsar as compras no comercio local durante o mes de abril.

A proposta xira arredor do termo galego weltanschauung, que fai referencia á forma de concibir o mundo e a vida, evocando así unha identidade compartida e un sentimento de pertenza á comarca. 

A campaña pretende reforzar o espírito de unidade e resiliencia do tecido comercial do Morrazo, ao tempo que anima á cidadanía a apostar polo comercio de proximidade como motor económico e social. 

A iniciativa desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. As persoas que realicen compras superiores a  10 euros  nos establecementos adheridos recibirán códigos alfanuméricos, que poderán rexistrar para participar no sorteo de 900 euros en diferentes premios

Como actividade destacada e peche da campaña, FECIMO organizará unha Caza do Tesouro os días 8 e 9 de maio, unha proposta aberta a toda a veciñanza e deseñada para dinamizar as rúas e dar visibilidade ao comercio asociado de Moaña. 

A proba desenvolverase entre os establecementos participantes da Asociación de Comerciantes de Moaña – ACIMO, onde as persoas inscritas deberán resolver diferentes enigmas, pistas e pequenas probas que as levarán dun comercio a outro. Cada establecemento actuará como unha “estación” do percorrido, ofrecendo unha pista vinculada á súa actividade, á historia local ou ao espírito da campaña. 

Durante esta actividade repartiranse 600 euros en premios, que se asignarán entre as persoas que completen o percorrido e superen as probas propostas. 

acto final da campaña celebrarase o 9 de maio ás 17:00 horas, no palco da contorna da Praza de Abastos de Moaña.

Durante o evento realizarase a entrega dos premios correspondentes tanto ao rexistro de códigos como á caza do tesouro.

A xornada contará ademais con actuacións musicais, creando un ambiente festivo para celebrar o éxito da campaña e poñer en valor o compromiso da cidadanía co comercio de proximidade. 

Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO. Cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, e Abanca. Colabora Concello de Moaña.

Histórico