• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

16

Xul

2026

FEIRA DE OPORTUNIDADES BUEU NON STOCK 2026

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU), entidade integrada en FECIMO, está a organizar a sexta edición desta feira de oportunidades que terá lugar os días 24, 25 e 26 de xullo no aparcamento de A Banda do Río.

 A organización está a traballar un ano máis nunha nova edición onde hai 13 empresa inscritas, que se instalarán en carpas individuais de 25 metros cadrados no recinto que se habilitará para tal evento.

As empresas participantes están situadadas nas localidades de Bueu, Cangas e Moaña, aínda que a maioría son da propia localidade de celebración: BOULEVAR LIBRARÍA EDICIÓNS, DUENDE, EL DESEO DE VANIA, LA CAPELLANA, LÓSTREGO, MAKACOS, MIMATE+, MUY MIA, NENE´S MODA INFANTIL, OSBSCLOTHING, PARAIR COMPLEMENTOS, PEPELUCHOS E VICKY MODA INFANTIL.

Este tipo de feiras dan un impulso ao pequeno comercio permitindo liberar os stocks acumulados en tempadas anteriores, facendo sitio para a nova mercancía, e por outro lado, recuperar parte do invertido. Ao mesmo tempo, permítelle ás persoas clientas a oportunidade de adquirir produtos de primeiras marcas e prezos de ganga.

O horario da feira será venres e sábado de 10:30h a 14:00h e de 18:30h a 23:00h.; domingo de 11:00h a 14:30h e de 18:00h a 22:00h.

Para dinamizar o evento, coas compras realizadas nas empresas participantes, os clientes poderán conseguir centos de regalos os días de celebración.

A feira porá a disposición de tod@s @s visitantes unha ampla gama de produtos e sectores como moda adulto, moda xuvenil, moda infantil, calzado, complementos,  libros, deportes, … a prezos de ganga.

A organización invita a vecinos/as e turistas a visitar este espazo mostrando o seu apoio ao comercio local, mercando nos establecementos de confianza e sen grandes desprazamentos.

Este evento organizado por ACIBU, está cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e consumo, e conta coa colaboración do Concello de Bueu e ABANCA.

Histórico
¿Qué son as Cookies?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo, xestionar o acceso de usuarios a zonas restrinxidas da web, etc.