• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

21

Mar

2019

A PRIMAVERA MÁIS TOP NO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Chega a estación do ano que marca o cambio de tempada e que sirve de punto de partida para o bo tempo incentivando os mercados e o sector hostaleiro da nosa comarca e dende a Federación lanzamos unha nova campaña para celebralo.

A PRIMAVERA MÁIS TOP NO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO é unha campaña deseñada para premiar as compras dos clientes do comercio local co sorteo de 600 euros en premios.

O sorteo realizase coa introdución dos códigos recibidos polas compras, na web www.compranomorrazo.com e no mesmo instante saberán se resultaron premiados. Pero ademais dos premios que aporta Fecimo son moitos os establecementos que empregan a usabilidade que permite a plataforma do sorteo para aportar os seus propios premios para os seus clientes, deste xeito cando un cliente merca nun comercio local ademais do premio económico de Fecimo pode gañar vales de servizos ou produtos co mesmo boleto, polo que é indicado que o cliente garde o seu boleto ata que remate a campaña.É unha campaña chea de color, de vida e humor que trata de sacar un sorriso nos clientes e facer que así disfruten das súas compras.

O Material de campaña composto por Vinilos para os escaparates, folletos, pósters e boletos de participación xa foi repartido entre os máis de 130 establecementos participantes da comarca e que xa están preparados para recibir a nova estación do ano con moitas ganas e bo humor.

CONSULTAR AS BASES DA CAMPAÑA PRIMAVERA 2019

Histórico