• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

25

Mai

2022

Apertura de preinscricións da Feira de Oportunidades do Morrazo 2022

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Tras 16 anos de éxito da Feira de Oportunidades, damos paso á súa 17ª edición, que este ano terá lugar a fin de semana do 12, 13 e 14 de agosto na contorna dos Xardíns do Sinal, como ven sendo habitual.

Este evento é un espazo no que as empresas asociadas de Bueu, Cangas e Moaña, que desexen participar, terán a posibilidade de baleirar os seus almacéns, ofrecendo os seus STOCKS A PREZOS MOI ATRACTIVOS nunha ampla oferta de produtos onde teñen cabida multitude de sectores e actividades que serán visitadas por milleiros de persoas.

ANÍMATE A PARTICIPAR NA FEIRA

  • _ Dalle saída ao teu stock- restos de tempadas anteriores e excedentes de almacén – e consegue liquidez rápidamente para continuar co teu negocio.
  •  
  • _ Participa nun evento de referencia no Morrazo pola cantidade de público asistente e volumen de vendas.
  •  
  • _ Aproveita a rentabilidade publicitaria dun evento que será amplamente promocionado en diferentes medios de comunicación.
  •  

DATOS DE INTERESE

CANDO? 12, 13 e 14 de agosto 2022

HORARIO_ 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 23:00 h

ONDE?  Contorna dos Xardíns do Sinal de Cangas

EXPOSITORES_ Establecementos comerciais asociados de Bueu, Cangas e Moaña. Postos limitados.

SECTORES_ Moda, decoración, complementos e agasallos, deportes, infantil, mascotas, material tecnolóxico,…e todo aquel establecemento comercial que cumpla co obxecto da feira.

ORGANIZA_ FECIMO- COLABORAN Xunta de Galicia – Concello de Cangas e Abanca.

COMO SERÁ O TEU STAND?

TIPO: Jaima con lona branca.

TAMAÑO:  5 m x 5 m _ 25 metros cadrados aproximadamente.

CHAN:  Tarima de madeira illante do chan (opcional) e moqueta feiral.

ESTRUCTURA: Tabiques de madeira de pallet.

INSTALACIÓN: Toma de corrente e iluminación mediante focos con cadro independente.

IDENTIFICACIÓN: Rotulación do nome comercial en lona branca instalada na parte superior da jaima.

OUTROS: PROBADORES, para aqueles expositores que o precisen.

 

Data límite de preinscrición: venres, 8 de xullo de 2022

Histórico