• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

22

Dec

2017

DESTACA A BOA MARCHA DA CAMPAÑA DE PREMIOS DE NADAL 2017 / 2018

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

MÁIS DE 32 PREMIOS ENTREGADOS ATA AGORA NA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DO MORRAZO

No que vai de campaña lévanse rexistrados máis de 15.000 códigos na páxina http://compranomorrazo.com/ o que amosa o bo funcionamento da campaña de nadal 2017 / 2018

Fecimo destaca o bo acollemento que está a ter a campaña de nadal O Nadal é máis grande no pequeno comercio posta en marcha entre os seus asociados de Bueu, Cangas e Moaña.

No que vai de campaña leva repartidos xa 35 premios directos dos 72 postos en circulación. Dos premios entregados ata o momento 23 deles foron de 50€,  6 de 100€, 4 de 200 e 2 de 300€, e dende a organización insisten que ainda quedan moitos máis por sair nos vindeiros días.

Coma sempre, estes premios son moi repartidos entre as tendas e empresas do Morrazo saíndo ata o momento, 10 en Bueu, 16 en Cangas e 9 en Moaña. As persoas premiadas recolleron xa, na sua maioría, os seus cheques-compra nas oficinas de FECIMO en Cangas ou nos propios establecementos nos casos dos premios de 200 e 300€, acudindo co boleto premiado e o seu documento de identidade, para comprobar os datos introducidos na web.

Agora teñen ata o día 10 de febreiro de 2018 para gastar ditos cheques compra nas empresas dos distintos sectores (comercio, hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.) participantes desta tradicional campaña da Federación.

Ainda restan por saír máis do dobre dos premios directos entregados e entre eles os premios de maior importe, que este ano son de 200€ e 300€. Dende a organización resaltan a boa acollida do fraccionamento dos premios de 1.000€ que se entregaban en edicións anteriores e que desta vola se decidiu fragmentar en premios máis pequenos, conseguindo deste xeito premiar a máis xente e poñer máis diñeiro para premios en circulación ao non ter que costear a federación retencións por ditos premios. Como se informa na campaña, están en xogo máis de 7.000€: 45 premios de 50€, 12 premios de 100€, 9 premios de 200€ e 6 premios de 300€ que sairán ata o día 7 de xaneiro.

Agárdase un incremento dos rexistros nas vindeiras datas, así que os clientes do Morrazo ainda poden continuar a obter códigos de participación coas súas compras e ser un/unha dos afortunados gañadores/as.

Ata o momento máis de 3.000 clientes probaron sorte rexistrando as súas participacións na páxina web: www.compranomorrazo.com.

As imaxes dos premiados actulizaranse na páxina de facebook: “viveomorrazo”

Histórico