• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

09

Ago

2021

Dende o Comercio de Bueu xurde unha nova iniciativa que conta co apoio de FECIMO: BUEU NONSTOCK. Varios establecementos da vila de Bueu organizaron unha fin de semana de Oportunidades e con tal motivo solicitaron a asociación apoio para acadar máis difusión.

Doce establecementos de Bueu ofertaron durante os días 5, 6 e 7 de agosto grandes descontos nunha ampla selección de produtos a prezo de “ganga”. A iniciativa, que xurdiu dos propios comerciantes, contou coa organizción e a difusión de Fecimo e coa colaboración do Concello de Bueu.

OSBS Clothing, Xoiería Castro, Nene´s Moda, Noutrora Informática, Irelba lencería, Regalia, Oxford Boutique, Carmen Davila, Pepeluchos, Divinas, Calzados Torrevella e Xoiería Artegalia participaron activamente na campaña “Bueu NonStock”

Esta campaña axudou como reclamo para sacar o stock das tendas participantes, e nas que os vistantes puideron atopar “corners” ou espazos con descontos que comezaban en torno ao 40% e nos que, incluso, tamén atoparon ofertas 2×1 e outras que chegaron ata o 80% tal e como nos indicaron algúns dos comercios participantes.

Do mesmo xeito, cabe destacar, que alguns dos establecementos ampliaron o seu horario normal de apertura ata ás 22.00 h. 

Ademais de tódalas gangas, con cada compra, os clientes recibiron tarxetas con códigos para participar no sorteo de 300 euros en premios directos que serán entregados en Tarxetas Comercio do Comercio do Morrazo que logo poderán ser canxeadas por calquera produto nos establecementos asociados de Bueu.

Histórico