• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

06

Set

2018

BUEU TEN UN COMERCIO DE PELICULA

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Dende FECIMO vense apoiando o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu – FIC BUEU – e por cuarto ano organízase a campaña “Bueu ten un comercio de Película” para dinamizar o comercio local nesa mesma semana, creando un ambiente de cine coa parte máis visible das empresas asociadas: os seus escaparates.

As empresas participantes colocarán vinilos decorativos en base a elementos cinematográficos e cada unha contará cun personaxe de película que porta dalgún xeito o logo do FIC Bueu: a ánfora San

Martiño exposta no Museo Massó.

Son 35 os comercios da vila os que se uniron a esta iniciativa e que este ano lucirán nos seus escaparates personaxes como: O Padriño, A princesa Leia, Forrest Gump, os Gremlins ou Harry Potter entre outros.

 

 

 

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN

Ademáis da decoración dos escaparates, os clientes poderán participar nesta semana dun sorteo de premios en cheques- compra nos establecementos “de película”.

Este ano inclúe a novidade de que a participación faise mediante a introdución dun código na páxina web www.compranomorrazo.com. Así os clientes recibirán boletos de participación coas súas compras, que logo deberán rexistrar na páxina para saber no mesmo intre se resultaron gañadores. Terán do xoves 6 ao luns 17 ás 12.00h para participar. Os gañadores deberán poñerse en contacto con FECIMO para recibir o seu premio no establecemento. 

 

OS PREMIOS

Os premios aumentan este ano, pasando dos 300€ aos 500€, e serán repartidos en 10 premios de 50€

Os dez premios entregaranse en cheques compra para gastar nos establecementos asociados participantes de Bueu, cun prazo dun mes tralo día do remate da campaña para ser canxeados.

 

Consultar aquí as BASES DA CAMPAÑA 

Histórico