• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

17

Xul

2023

22 ESTABLECEMENTOS FORMARÁN PARTE DA TERCEIRA EDICIÓN DA FEIRA BUEU NON STOCK 2023

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU), que forma parte de FECIMO, comeza a montaxe desta feira de oportunidades que terá lugar a fin de semana do 21 ao 23 de xullo no aparcamento de As Lagoas en Bueu.

 Con 22 establecementos participantes, maioritariamente da localidade de Bueu, ACIBU está a traballar nun evento que se está consolidando na localidade como un espazo conxunto de empresas que ofertan os seus stocks a prezos de ganga.

 Coa finalidade de axudar aos comercios participantes a dar saída ao stock acumulado de tempadas anteriores, deixando sitio así nos almacéns para os produtos da nova tempada e recuperar parte da inversión, montaranse unha gran carpa na que ofrecerán gran variedade de artigos a moi bo prezo.

Disporá de produtos de moda home, muller, xuvenil e infantil, calzado, complementos, puericultura, deportes, artesanía, lenzaría, xoiería, perfumería…etc., que sen dúbida atraerán o interese de vecinos e visitantes da comarca.

E como novidade, este ano haberá sorteo de premios entre os clientes que realicen consumos durante esta fin de semana.

Para amenizar a estancia, as empresas que formarán parte da feira entregarán entradas, coas compras realizadas durante esta fin de semana, para acceder aos inchables que se instalarán polas tardes e que farán a delicia dos máis pequenos.

Os tres días de celebración desta Feira proporcionarán a oportunidade de atopar grandes descontos en horario de 10:30 h. a 14:00 h e de 18:00 h. a 23:00 h., pechando as súas portas o domingo ás 22:00 h.

As empresas participantes serán as seguintes: 7 FRESAS, ALEALI ZAPATERÍA INFANTIL, ATREZZO, AXEITO, BRISA BEBÉ, CHESTER, CINANIASHOP, COLORIN COLORADO, COUSIÑAS DE KELA, DEPORTES ÓLIVER, DUENDE, EL RINCÓN DE ARIA, ELI BONET, GÁIDIL, JOYERÍA PERFUMERÍA CASTRO, LENCERÍA IRELBA, MELENA DE LEÓN, MERCAROUPA, MUY MÍA, NENE´S MODA INFANTIL, OSBSCLOTHING e PEPELUCHOS.

 A cita, organizada por ACIBU, está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio, e conta coa colaboración do Concello de Bueu e ABANCA.

Histórico