• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

17

Xul

2020

Campaña de concienciación “Cada compra conta”

Por, Fecimo CAMPAÑAS Comments: no comments

Continuando coa campaña de CONCIENCIACIÓN e SENSIBILIZACIÓN que xa comezara a finais de xuño coa FASE I, Fecimo presentou a seguinte parte ou FASE II, seguindo o mesmo obxectivo de facer responsable ao consumidor ou cliente nas súas tomas de decisións motivándoo cara un consumo ou compra local. 

 
O claim da seguinte fase correspondeu ó seguinte: “CADA COMPRA CONTA”onde se lanzaba unha mensaxe aos consumidores sobre a importancia a longo prazo de consumir en local.
 
Con esta campaña quíxose deixar claro que cando un compra en calquera negocio local, non lle supón simplemente un gasto, senón moito máis: unha inversión que acaba repercutindo de forma moi positiva nos propios clientes, en toda a contorna que os envolve e en toda a comunidade da comarca, a través de moitas formas que enriquecen e fomentan a cultura e o deporte local, o benestar social, o emprego , a seguridade e o valor da vila, entre outras. 
 
Esta fase estivo constituída por unha parte gráfica e outra audiovisualámbalas dúas mostrando o significado da economía circular no pequeno comercio e os seus aportes enriquecedores a longo prazo á comunidade que conforma a comarca do Morrazo. Mentres que a parte gráfica ten un enfoque algo máis informativo, o vídeo inclínase máis polo lado emocional e metafórico, pero sen perder a súa esencia informativa.  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Histórico
ARTIGOS RECENTES