FECIMO continúa coa campaña de CONCIENCIACIÓN e SENSIBILIZACIÓN que xa comezara a finais de xuño coa fase I, para facer responsable ao consumidor ou cliente nas súas tomas de decisións motivándoo cara un consumo ou compra local.
Rematada a primeira fase da planificacion de campaña, comezamos coa segunda parte, baixo o claim “CADA COMPRA CONTA”, onde se lanza unha mensaxe aos consumidores sobre a importancia a longo prazo de consumir en local.
Con esta campaña quérese deixar claro que cando un compra en calquera negocio local, non lle supón simplemente un gasto, senón moito máis: unha inversión que acaba repercutindo de forma moi positiva nos propios clientes, en toda a contorna que os envolve e en toda a comunidade da comarca, a través de moitas formas que enriquecen e fomentan a cultura e o deporte local, o benestar social, o emprego , a seguridade e o valor da vila, entre outros.
Está constituída por unha
parte gráfica e outra audiovisual, ámbalas dúas mostrando o significado da
economía circular no pequeno comercio e os seus
aportes enriquecedores a longo prazo á comunidade que conforma a comarca do Morrazo. Mentres que a parte gráfica ten un enfoque algo máis informativo, o vídeo inclínase máis polo lado emocional e metafórico.