18
Feb
2022
Comeza a CAMPAÑA de COMPRAS GRATIS do Comercio do Morrazo
Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments
![deseño_web](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2022/02/deseno_web.jpg)
Fecimo quere comezar o ano agasallando aos clientes do comercio de proximidade do Morrazo con moitas compras gratis.
Deste xeito a FEDERACION DE COMERCIANTES E INDUSTRIAIS pon en marcha dende maña venres 18 de febreiro e ata o 30 de Xuño deste ano unha campaña baixo o nome: “AS TÚAS COMPRAS NO COMERCIO LOCAL GRATIS”.
Esta campaña presenta novidades con respecto a outras organizadas con anterioride pola federación.
A primeira é, que esta campaña, terá unha duración moito máis longa do normal e permanecerá activa máis de 4 meses.
Ainda que o sistema de participación será moi similar ao dos últimos anos, onde os clientes farán o rexistro no sistema de participación dixital da páxina web www.comerciodomorrazo.com, a novidade, en este aspecto, é que, NON SERÁN PRECISOS BOLETOS, se non que para participar O CLIENTE DEBERÁ REXISTRAR O SEU TÍCKET DE COMPRA, indicando tamén o IMPORTE e o ESTABLECEMENTO onde fixo a compra.
Con este novo sistema, calquera compra superior a 10 euros, feita nun dos establecementos asociados ao “Comercio do Morrazo” poderá ser unha compra gratuita.
![BANNER MORRAZO NOTICIAS](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2022/02/BANNER-MORRAZO-NOTICIAS-scaled.jpg)
A federación, para garantir un maior número de tíckets premiados, estableceu un límite de bonificación cún máximo de 200 euros, polo que ainda que o valor da compra fose superior, as compras de máis de 200 euros recibirán unha tarxeta regalo con 200 euros.
Deste xeito, a Federación, sorteará 1.600 euros cada mes en compras gratis.
Levaranse a cabo sorteos semais entre todas as compras rexistradas correctamente e de onde sairán os/as afortunados/as que logo recollerán unha TARXETA REGALO polo valor da compra rexistrada no tícket da súa compra no establecemento onde tivo lugar a compra.
FECIMO quere lembrar aos clientes que é moi importante gardar os tíckets de compra rexistrados durante uns días xa que será preciso presentalos para validar posteriormente o premio no caso dos/as gañadores/as, tal e como queda recollido nas bases do sorteo.
Con esta campaña a Federación espera repartir máis de 250 compras gratis durante os proximos meses, axudando a dinamización da actividade do noso tecido comercial en Bueu, Cangas e Moaña.
![Jesús Manuel Piñeiro_Kiosquillo Moaña](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2022/02/Jesus-Manuel-Pineiro_Kiosquillo-Moana.jpg)
![Pilar Paredes_Salón Ítaca](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2022/02/Pilar-Paredes_Salon-Itaca.jpg)
![Rubén Glez_Farmacia Xunqueira](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2022/02/Ruben-Glez_Farmacia-Xunqueira.jpg)
![María Chapela_ Box Woman](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2022/02/Maria-Chapela_-Box-Woman.jpg)
![Marina Lorenzo_Mercaroupa Bueu](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2022/02/Marina-Lorenzo_Mercaroupa-Bueu.jpg)
![Enrique Lago_Ferretería O Muelle](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2022/02/Enrique-Lago_Ferreteria-O-Muelle.jpg)