• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

27

Xuñ

2020

Campaña de concienciación “Compra en local, date vida”

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Fecimo ten en marcha unha sólida campaña de CONCIENCIACIÓN e SENSIBILIZACIÓN para facer responsable ao consumidor ou cliente nas súas tomas de decisións motivándoo cara un consumo ou compra local. Para iso, conta cunha planificación de tres fases ó longo destas semanas de verán onde se lanzarán, maioritariamente nas súas redes sociais, diversas pezas gráficas e vídeos, co fin de informar da importancia e vantaxes da presenza do comercio local nas nosas vilas e, ao mesmo tempo, emocionar ao cliente facéndolle ver o valioso que é para o comercio na creación dunha asentada e beneficiosa comunidade. 

A primeira parte, xa presente en redes, deféndese baixo o lema: “COMPRA EN LOCAL, DATE VIDA”Está constituída por unha parte gráfica e outra audiovisual, onde se poden apreciar algúns dos moitos negocios locais da comarca abertos por e para ti. Para ver o spot desta campaña, “O teu momento é agora, dalle vida ao teu comercio”, prema no título ou no fotograma de abaixo. 

 
 
En canto á parte gráfica, a súa vez, divídese en 6 pezas: por un lado, a imaxe/ilustración xenérica baixo o título “Moitas razóns para comprar en local”onde se presentan, de forma conxunta, cinco motivos ou beneficios emocionais que aportan os establecementos locais ou o pequeno comercio cando un consumidor entra no seu negocio (cariño, amizade, confianza, ledicia e trato especial).
 
 
 
 
E, polo outro lado, este cartel se desglosa noutros cinco individuais que representan cada un dos beneficios anteriores, coa súa correspondente ilustración e copy explicativo, baixo o título “Moitas razóns para elixir o Comercio Local”.
 
                                                                                                           
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Histórico