• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

08

Mar

2021

Comeza a campaña “EN MARZO ENVÍOS GRATIS” no COMERCIO LOCAL

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Dende a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo póñese en marcha a CAMPAÑA de promoción do sistema de LOXÍSTICA DE ENVÍOS do Comercio do Morrazo que se levará a cabo durante este mes de MARZO, sendo efectiva desde este LUNS 8 de marzo. 

 

Debido á situación derivada da pandemia e ás restricións establecidas con peches perimetrais entre os concellos, cada vez son máis as persoas consumidoras que fan as compras desde a súa casa ou ben prefiren recibilas directamente no seu domicilio. Por este motivo, desde a federación, nace a CAMPAÑA “EN MARZO ENVÍOS GRATIS”, animando ás persoas consumidoras a seguir confiando no comercio local e incentivando as compras e pedidos realizados no comercio de proximidade.

 

Esta campaña baséase na completa BONIFICACIÓN por parte da Federación dos custos de ENVÍO de tódolos pedidos que o cliente faga nos establecementos asociados a Fecimo durante este mes. Desta forma, tanto negocios como clientes saen beneficiados desta iniciativa, válida tanto para as canles de venda non presenciais que teña o propio establecemento (como Instagram, Facebook, WhatsApp e outras) como para o gran Marketplace do Comercio do Morrazo que se puxo en marcha en decembro (compranomorrazo.com).

En Fecimo lévanse moitos anos traballando por ser unha federación de referencia na dixitalización do comercio local da comarca, xa que analiza continuamente o mercado e non quere que ningún dos seus asociados quede atrás. Agora, combinando o centro online do comercio local e os envíos gratuítos (bonificados pola federación baixo unhas condicións previas comunicadas ao local asociado), tanto clientes como empresas asociadas, gozarán de tódalas facilidades e beneficios destas novas fórmulas de compra.

 

Histórico