• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

01

Mai

2021

Lanzamento da campaña “SOMOS O TEU COMERCIO LOCAL” para o mes de MAIO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

 

Dende Fecimo poñemos en marcha unha gran campaña durante todo o mes de maio baixo o nome “Somos o teu Comercio Local”, onde se sortearán 3.000€ en tarxetas regalo nas tres localidades de Bueu, Cangas e Moaña

 

Desenvolvimos unha nova campaña de sensibilización e dinamización comercial que terá lugar durante as semanas de maio, comezando o sábado 1 de maio. No sorteo dividiranse 3.000€ en 72 premios de diferentes contías, que van desde os 20 euros ata os 100 euros dos premios máis grandes en tarxetas regalo, e que serán repartidos entre as compras que se realicen nos comercios adheridos á campaña

En que consiste a campaña? 

Os clientes poderán participar desde o 1 de maio ata o luns 31 de maio, ambos inclusive, rexistrando os códigos dos boletos que reciban con cada compra no sistema de sorteos habitual da Federación, a través da web comerciodomorrazo.com ou da APP móbil de “Comercio do Morrazo” (dispoñible para dispositivos Android e iOS).

Desta forma, no rexistro, os clientes terán a oportunidade de adquirir algún dos premios instantáneos, ou ben quedar pendentes para os premios do sorteo final, unha vez remate a campaña.

Ademais, cabe destacar que nesta campaña haberá un sorteo adicional entre as compras rexistradas coas TARXETAS de fidelización do Club de Clientes do Comercio do Morrazo nos locais que teñan activo o sistema de fidelización.

 

De forma paralela, esta campaña de dinamización estará respaldada por unha campaña de difusión e sensibilización en medios e redes sociais que incluirá: variada cartelería, presenza outdoor nos MUPIS de todas as vilas, presenza en redes sociais, lanzamento dunha peza audiovisual para a súa difusión en medios dixitais e presentación e información a prensa.

 

O obxectivo que se busca con esta completa campaña é dinamizar as vendas entre os clientes do comercio local da zona, así como conciencialos da importancia de consumir en local aportándolles beneficios e sensibilizalos co afecto e cercanía do pequeno comercio, o seu comercio de toda a vida.

 

SORTEAMOS 3000 EUROS ENTRE AS COMPRAS REALIZADAS NO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO.

PARTICIPA REXISTRANDO OS BOLETOS QUE RECIBIRÁS COAS TÚAS COMPRAS.

9 PREMIOS DE 100 EUROS, 12 premios de 50€, 24 premios de 30€, 24 premios de 20€ e 6 premios de 50 € para compras rexistradas na tarxeta de fidelización.

SE AÍNDA NON TES A TÚA TARXETA DE FIDELIZACIÓN… REXÍSTRATE GRATIS

Ademais de poder participar cos BOLETOS nos sorteos desta campaña, se tes unha TARXETA DE FIDELIZACIÓN participarás en sorteos extra e acumularás  saldo coas túas compras no comercio local!

Fai clic nos enlaces para REXISTRARTE, DESCARGAR A APP ou obter máis información sobre os ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES. 

Histórico