• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

28

Nov

2019

CONTA ATRÁS PARA A CAMPAÑA DE NADAL

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

O vindeiro xoves día 5 de decembro comezará a campaña de Nadal 2019 de Fecimo “Ti es a nosa Estrela de Nadal”, que rematará o 7 de xaneiro. 

Baixo o nome “TI ES A NOSA ESTRELA DE NADAL” a Federación novamente pretende destacar a importancia do cliente no pequeno comercio e igual que en anos anteriores Fecimo prepara unha chea de recompensas para aqueles que escollan facer as súas compras nos establecementos asociados do Morrazo.

Este ano Fecimo sorteará 109 premios en cheques compra que repartirán máis de 7.000 euros con contías de 25 a 250 euros, ademais, e como novidade, a Federación quere premiar con “Compras Gratis” aos clientes e para iso inclúe un novo formato de premio no que será importante que os clientes participantes garden os tickets de compra dos establecementos, para logo, no caso de resultar premiados, poder canxear o importe da súa compra en cheques-compra cun límite de 200 euros por compra.

O sistema de participación será mediante o rexistro de códigos alfanuméricos na web:

www.comerciodomorrazo.com

onde dende o día 5 estará habilitado o actual sistema dixital de sorteos no que os clientes deben introducir os seus datos e no mesmo intre saberán se resultaron gañadores.

Como novidade este ano a Federación tamén quere que os establecementos teñan máis protagonismo e por este motivo e entrega dos cheques compra dos 109 premios e as Compras Gratis vaise facer dende os propios establecementos que repartan os códigos gañadores.

Dende a Federación agradecemos a tódolos establecementos que participan a súa colaboración e queremos destacar a boa aceptación desta campaña que xa é unha tradición no Nadal do Morrazo e que esperamos que este ano novamente volta a traer sorrisos e ledicias a moitos clientes da nosa contorna.

Histórico