• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

13

Xan

2021

FECIMO REPARTE 15.000 € EN PREMIOS NA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A campaña de Nadal organizada por FECIMO: “Ti es a nosa Estrela de Nadal” vén de rematar tras repartir un centenar de premios entre os clientes dos asociados á Federación.

A Campaña de Nadal é unha das máis lonxevas da federación e leva xa máis de 20 anos repartindo premios entre os clientes do comercio local da Comarca.

Nesta edición Fecimo sorteou máis dun centenar de premios que, como novidade, foron entregados nas NOVAS TARXETAS REGALO DO COMERCIO DO MORRAZO e coas que os gañadores poderán facer as súas compras do mesmo xeito que cos tradicionais cheques-compra.

FECIMO, por primeira vez, en colaboración con ESTRELA DE MARÍN, e facendo deste xeito que os premios chegasen a todo o Morrazo (Bueu, Cangas, Moaña e Marín),  puxeron en circulación máis de 15.000 euros en premios directos con contías que variaron entre os 30 euros e os 500 euros, ademais de agasallos como “Xamóns de Nadal”.

A diferenza de pasadas edicións, FECIMO retomou nesta campaña a emoción dun sorteo final de grandes premios.

A Federación, combinou o éxito da entrega dun elevado número de premios das pasadas edicións co que reparte ledicia ao maior número de xente posible, coa ilusión dun sorteo final de grandes premios que este ano incluía 8 premios de 500 euros, dous para cada localidade.

Tal como se explicaba nas bases da campaña, os premios outorgábanse ao azar entre todas as participacións rexistradas en www.comerciodomorrazo.com. Os gañadores/as dos 8 premios de maior contía, de 500 euros cada un, competían dentro dese gran “bombo virtual” e que nesta edición acumulou preto de 80.000 participacións.

Esta entrega de premios pon fin á campaña que este ano, e por segunda vez, levou por nome “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL”, e que repartiu máis de 15.000 € en premios, tendo en conta tamén a participación por primeira vez da localidade de MARÍN e que, na que de xeito combinado, as tendas colaboraron no reparto de máis de 1.000 pequenos agasallos entre os seus clientes.

Esta campaña que xa se vén celebrando dende hai dúas décadas, e nas que xa foron moitísimas as ledicias e premios repartidos entre os clientes do comercio e as empresas locais, nesta ocasión, tivo unha duración de 5 semanas.

Este ano, e coa entrada de Marín, participaron máis de 300 empresas, polo que Fecimo puxo para estas preto de 160.000 códigos en circulación obtendo unha cifra de 80.000 boletos rexistrados aproximadamente. Con estas cifras, dende a Federación, constatamos que este ano, pese a todo, a Campaña tivo moi boa acollida e que foi un éxito de participación por parte dos establecementos participantes e do público.

Os premios entregados materialízanse en TARXETAS REGALO para canxear nas empresas participantes na Campaña de Nadal, no prazo dun mes, ata o 7 de febreiro.

Poderán gastalo todo nunha empresa ou repartilo entre varias segundo eles decidan.

Histórico