• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

25

Feb

2020

“DÉIXATE NAMORAR POLO COMERCIO LOCAL”

Por, Fecimo CAMPAÑAS Comments: no comments

FECIMO comezou o 2020 organizando unha campaña na que sorteou 3 CEAS románticas e 16 premios económicos de 25 e 50 € entre os clientes dos seus asociados que mercaron no comercio local.

“DÉIXATE NAMORAR POLO COMERCIO LOCAL” foi o nome da Campaña que a Federación puxo en marcha para celebrar o “San Valentín” tratando de premiar e impulsar as ventas por esta data sinalada.

Esta campaña comezou o sábado día 1 de febreiro e rematou o 15 de febreiro, un día despois da data do día dos namorados.

Nesta edición Fecimo sorteou 9 premios en cheques compra de 25 euros, 7 premios en cheques compra de 50 euros e 3 ceas valoradas en 75 euros cada unha para disfrutar coas persoas máis queridas nos establecementos de hostalaría asociados a Federación.

O sistema de participación fíxose coa plataforma dixital que a Federación dispón na súa web www.comerciodomorrazo.com onde os clientes introduciron os seus datos e no mesmo intre souberon se xa eran gañadores ou gañadoras. 

FECIMO trata de impulsar e premiar deste xeito a todos e todas aquelas persoas que mercan no comercio de proximidade e seguen así apoiando ao comercio local da nosa Comarca.

Preme aquí para ver os e as premiad@s da campaña “Déixate namorar polo Comercio Local” no álbum completo de Facebook. 

 

Histórico
ARTIGOS RECENTES