• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

01

Feb

2021

Fecimo lanza a campaña “QUERER Ó COMERCIO LOCAL DO MORRAZO TEN PREMIO”

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Dende Fecimo comezamos febreiro coa primeira campaña do ano e que este ano, debido á actual situación provocada pola pandemia, e trala BOA ACOLLIDA por parte dos establecementos e dos clientes da TARXETA DE FIDELIZACIÓN do COMERCIO DO MORRAZO, queremos aproveitar para poñer en marcha un sistema de participación que minimice o contacto e simplifique a participación dos clientes nesta CAMPAÑA.

En que consiste a campaña? 

 

Cando un cliente emprega a súa TARXETA DE FIDELIZACIÓN do Comercio do Morrazo (previamente rexistrada e obtida a través da web e da app do Comercio do Morrazo ou ben recibida de forma física por parte dos locais participantespara obter unha porcentaxe de bonificación nas súas COMPRAS ou CONSUMICIÓNS en calquera dos COMERCIOS ou LOCAIS que teñan activa dita tarxeta, durante as datas da campaña, entrarán no SORTEO FINAL, onde se repartirán 900€ en premios.

Estes premios entregaranse en forma de TARXETAS REGALO para gastar no COMERCIO LOCAL adherido á iniciativa da TARXETA, e serán sorteados (unha vez se remate coa campaña) entre todos os movementos dos clientes que fixeron compras utilizando a tarxeta nos negocios participantes durante o mes de febreiro. 

SORTEAMOS 900 EUROS ENTRE AS COMPRAS REALIZADAS NO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO REXISTRADAS NAS TARXETAS DE FIDELIZACIÓN.

18 PREMIOS DE 50 EUROS, REPARTIDOS EN 30O EUROS PARA CADA LOCALIDADE

REXÍSTRATE e OBTÉN A TÚA TARXETA DE FIDELIZACIÓN

Ademais de poder participar no sorteo da campaña de febreiro, empregar a tarxeta tamén implica comezar a acumular saldo coas túas compras no comercio local!

Fai clic nos enlaces para REXISTRARTE, DESCARGAR A APP ou obter máis información sobre os ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES. 

Histórico